
Urutau publica a ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’ de María Ángeles Iglesias
Crónica dunha heterosexual insatisfeita, creación de María Ángeles Iglesias coproducida por Verdeveras Expresións Artísticas e o Centro Dramático Galego, reabriu o Salón Teatro de Compostela despois do peche por mor da crise sanitaria da Covid-19 o pasado 4 de xullo 2020. Agora, esas palabras que foron escritas para ser corpo e voz en escea, publícanse nun libro grazas á Editora Urutau.