in

Nova xunta directiva da AAAG

Xunta Directiva AAAG
O novo presidente da AAAG, o actor Xosé Barato

Xosé Barato asume a presidencia, Luma Gómez a vicepresidencia e Arantza Villar convértese na nova secretaria da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Os vogais que completan a Xunta Directiva son Eva Fórneas Braña, Sara Fandiño, Daniel Celester, María Ángeles Iglesias, Sheyla Fariña, Rosa Puga Dávila, Iria Lamas, Toni Salgado e Xosé Esperante.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) escolleu o pasado domingo en asemblea a súa nova xunta directiva. O actor Xosé Barato é o novo presidente, mentres que Luma Gómez asume a vicepresidencia e Arantza Villar accede á secretaría da entidade. Os vogais que completan a Xunta Directiva son Toni Salgado, Xosé Esperante, Sara Fandiño, Eva Fórneas, María Ángeles Iglesias, Daniel Celester, Sheyla Fariña, Rosa Puga Davila e Iria Lamas.


Publicidade

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que representa a máis de 340 profesionais da interpretación e da dirección de escena, é unha das entidades con maior percorrido e proxección do tecido asociativo do noso sector cultural. Fundada en 1985, a AAAG é unha entidade sen ánimo de lucro de carácter profesional, autoxestora e autónoma. Entre as súas funcións, atópanse a dignificación da profesión, a defensa dos intereses laborais do seu corpo asociativo, a promoción da produción do sector conformado pola escena e mais o audiovisual ou a organización dun dos acontecementos máis sobranceiros do calendario cultural en Galicia: os Premios de Teatro María Casares, que neste 2021 chegan a súa 25ª edición e que están adiados ata novo aviso.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Teatro infantil Touporroutou

Xoguemos pois!

Festival da narración oral

O Festival Atlántica celebra o Día Internacional da Narración Oral