Xunta Directiva AAAG

Nova xunta directiva da AAAG

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que representa a máis de 340 profesionais da interpretación e da dirección de escena, é unha das entidades con maior percorrido e proxección do tecido asociativo do noso sector cultural. Fundada en 1985, a AAAG é unha entidade sen ánimo de lucro de carácter profesional, autoxestora e autónoma. Entre as súas funcións, atópanse a dignificación da profesión, a defensa dos intereses laborais do seu corpo asociativo, a promoción da produción do sector conformado pola escena e mais o audiovisual ou a organización dun dos acontecementos máis sobranceiros do calendario cultural en Galicia: os Premios de Teatro María Casares.

AC Alexandre Bóveda

Debate: ‘O teatro galego diante da pandemia COVID-19’

Os teatros galegos pecharon as súas portas ao público coa entrada do estado de alarma a mediados de marzo e centos as compañías víronse afectadas por esas medidas. Agora estase, aos poucos  retomando a actividade. Para debater sobre a situación actual e propostas de futuro, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda xunta, este martes día 22 ás 20 h., a Imma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, María Torres, vicepresidenta de Escena Galega, Eva Fórneas e Sara Fandiño, vogais da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e Isabel Risco, en representación da agrupación cultural. Coordina e modera Miguel Pernas.