Alén - A Formiga Teatro

A Formiga Producións Teatrais estrea ‘Alén’

Alén é a primeira obra de longa duración d’A Formiga, unha comedia negra sobre o tema negro por excelencia: a morte. Un velorio e dous irmáns que se enfrentan a ela dende dous puntos de vista moi diferentes, o tradicional e o máis moderno e aséptico. A raíz do falecemento da súa nai, os dous personaxes trasladan ao público algunhas das súas inquedanzas sobre a materia, como se existe un máis alá ao que ir unha vez finados ou a quen modifica máis a morte, ao que marcha ou ao que queda.