in , , ,

Arranca a 29ª edición da MITEU de Ourense

Desenvolverase dende hoxe ata o 9 de maio

Operación rescate MITEU
'Operación rescate', do Grupo Rosaura, da Aula de Teatro do Campus de Ourense. Foto da MITEU.
Esta tarde arranca a 29ª edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, MITEU, de Ourense, que dirixe Fernando Dacosta. Será na porta do Liceo de Ourense, ás 19.00 horas, con Operación rescate, un espectáculo de rúa do 1º nivel da Aula de Teatro do Campus de Ourense (Grupo Rosaura) que irá ata os Xardíns de Padre Feijoo; e ás 20.00 horas no Teatro Principal o grupo Sin Mente Teatro de Colombia presentará a peza Tomás.
Con esas dúas propostas comeza unha Mostra que se desenvolverá ao longo das seguintes semanas, ata o día 9 de maio, seguindo un programa que inclúe 23 espectáculos, actividades de promoción de rúa e un curso, con diferentes propostas de teatro, música e danza.

Programación no Teatro Principal

  • Xoves 11   Hora: 20:00 h   Duración: 47′   Prezo:5 €
    COMPAÑÍA SIN MENTE TEATRO (COLOMBIA)  “TOMÁS, cuando el silencio es complicidad”
  • Venres 12   Hora: 20:00 h    Duración: 45′   Prezo: 3 €
    CORDELIA AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE  “RETRATO DUN TREMOR” 
  • Domingo 14  Hora: 19:00 h   Duración:80′  Prezo:12 €-10€-8€ (venda Ataquilla -non valen pases)
    TEATRO DEL BARRIO   “AUTORRETRATO DE UN JOVEN CAPITALISTA ESPAÑOL”  
  • Martes 16   Hora: 20:00 h   Duración: 70′  Prezo:3€
    GRUPO DE TEATRO UPNA ( NAVARRA) “(DES) DE LOS ESCOMBROS”
  • Sábado 20    Hora: 20:00 h   Duración: 60′ Prezo:3 €
    TEATRO EL MAYAL LEÓN (ULE) “SANGRE CARBÓN”                                                     
  • Domingo 21  Hora: 19:00 h    Duración: 80′   Prezo:19€/17€(venda en ataquilla.com – non valen pases): BUDIÑO  CONCERTO “BRANCA VELA”                                                             
  • Martes 23  Hora: 20:00 h   Duración:40′ Prezo;3€
    TEATR’UBI  “NÓ_CEGO”
  • Xoves 25  Hora: 18:00 h   Duración:50  Prezo:3€
    AULA DE TEATRO DE PONTEVEDRA  “ESTUPIDEZ ARTIFICIAL”                                         
  • Xoves 25   Hora:18:00 h   Duración:70′ Prezo:3€
    AULA DE TEATRO DE VIGO “SOÑO DE UNHA NOITE DE VERÁN”     
  • Domingo 28    Hora:20:00 h  Duración:50′  Prezo:3€
    AULA DE USC LUGO “DEIXANDO A PEL”                                                                               
  • Martes 30   Hora: 20:00 h   Duración: 90′   Prezo:12 €-10€-8€ (venda Ataquilla -non valen pases)
    PALLASOS EN REBELDÍA “GALA PRO-PALESTINA”
  • Xoves   2  Hora: 20:00 h   Duración:40′   Prezo:3€
    AULA DA USC. SANTIAGO “ANTROPOLOXÍA DO BICO (A SÍNDROME DO TÚNEL CARPIATO)
  • Sábado  4  Hora: 20:00 h  Duración:70′  Prezo:3€
    COMPAÑIAS DE DANZA UNIVERSITARIAS  “13ª XORNADAS DE DANZA”                        
  • Xoves  9  Hora:20:00 h    Duración:15’/80′  Prezo:3€
  • CLAUSURA DA MITEUPREMIO AO CINE CLUBE PADRE FEIJOOAULA DE OURENSE MARICASTAÑA  “DESEQUILIBRIOS”   

Consulta o programa completo da 29ª MITEU de Ourense

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Os actos e as profecias CDG

O Salón Teatro acolle a estrea da nova produción do CDG, ‘Os actos e as profecías’

20240411 Presentación Un momento precioso Elefante Elegante red

Elefante Elegante estrea ‘Un momento precioso’