Actualidade

PUBLICIDADE

En Narón, Teatro do Noroeste estrea Da avaricia, a luxuria e a morte, de Valle Inclán –traducido por Manuel Guede– dirixida por Eduardo Alonso e con Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Imma António e Miguel Pernas. Trátase dun espectáculo con música en directo que se presentará no Pazo Da Cultura hoxe ás 20:30 e mañá ás 20:00.

De xeito inmenso, certeiro e maxistral, Valle-Inclán trenza nas tres obras que configuran este espectáculo os dous únicos motores que moven o mundo humano, a avaricia e a luxuria co seu inevitable tránsito final: a morte. Da singular e poética Ligazón (auto para siluetas), lívida como o vento, pasando pola espectral e contundente A rosa de papel (novela macabra), fraguada no lume, até a americana e patriótica A cabeza do Bautista (melodrama para marionetas), tallada en terra; todas elas expresadas nunha tradución que é reposición con aceno de canónica.

Aínda que pode parecer que os tres textos curtos que configuran este espectáculo, Ligazón, A rosa de papel e A cabeza do Bautista están relacionados con cadanseu pecado do título, a realidade é que os tres están, en forma e proporcións diferentes, empapados de avaricia, luxuria e morte. Non se pode dicir que algunha delas predomin nun texto ou noutro.

Teatro do Noroeste é unha compañía creada por Luma Gómez e Eduardo Alonso, profesionais cunha dilatada experiencia teatral, que acaba de festexar o seu 30 aniversario no 2017. En todos estes anos ten producido montaxes de textos clásicos como Medea de Eurípides, Rey Lear, Macbeth, Noite de reis ou Romeo e Xulieta de William Shakespeare; e de autores contemporáneos, básicamente galegos, como Unha Rosa é unha Rosa de Suso de Toro, A grande noite de Fiz de Miguel Anxo Murado, Campo Sur de Lino Braxe, ou o musical Glass City (Cidade de cristal) de Eduardo Alonso e tamén textos como Confesión ou Linda and Freddy, ilusionistas de Eduardo Alonso.

 

 

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos