in , ,

Dezaseis espectáculos de cinco países no FITO de Ourense

TenViloInterrupted |

O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) fixo público onte o cartel de espectáculos, mesas redondas e actividades formativas da súa undécima edición, que ofrecerá do 4 ao 14 de outubro máis dunha quincena de montaxes de cinco países, así como o IV Encontro Mulleres Creando e o curso O xogo, motor da creación.

Organizado pola compañía Sarabela Teatro, o FITO segue mantendo un forte compromiso co teatro feito en Galicia, coas actuacións da compañía de circo IO, de A Panadaría en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), de Trécola e de Matarile Teatro, que estrea en Galicia Os limóns, a neve e todo o demais. As súas propostas comparten carteleira coas de compañías de Portugal (Projecto Ez), Arxentina (Suttotos), Israel (Davai) e Chile (La Mona Ilustre), así como doutras comunidades autónomas: Madrid (Produción Off, Teatro en Vilo e Clara Sanchís), Andalucía (T.A. Plancha) e Cataluña (Moma Teatre).

Os integrantes de Suttotos, Gadiel Szrtryk e Andrés Camiños, serán, ademais, os encargados de impartir o día 7 o curso O xogo, motor da creación, deseñado para que calquera persoa interesada no teatro poida descubrir dun xeito lúdico a súa propia poética e as súas capacidades creativas.

O programa desta undécima edición complétase coas actividades do IV Encontro Mulleres Creando, dedicado a analizar o papel feminino no teatro, a cultura e a sociedade. No marco desta iniciativa, que se desenvolverá do 12 ao 14 de outubro, achegaráselle ao público unha reflexión sobre xénero e cultura en diferentes ámbitos a través da ollada dunha trintena de mulleres que participarán na súas seis mesas redondas. O colectivo A Caixa de Pandora e a artista galega Ana de Matos ofrecerán, ademais, cadansúa performance, mentres Dúas Gamberras e un Micro porán en escena o espectáculo A revolución das mulleres floreiro.

 

Programa

Xoves 4

20:30 Rúa. Projeto Ez (Portugal)
: Manusear

20:00 Rúa
. Trécola (Galicia) 
Sentido

Venres 5

20:00 Teatro Principal. Suttotos (Arxentina): Inestable

22:30 Auditorio Municipal. Davai (Israel) 
En construcción

Sábado 6

20:00 Teatro Principal. Producción Off (Madrid): Todas las mujeres

22:30 Auditorio Municipal. Compañía Io (Galicia): Contiguo

Domingo 7



19:00 Teatro Principal. Teatro a la Plancha (Andalucía): La última boqueá


Publicidade

10:00 – 18:30 Auditorio Municipal. Suttotos (Arxentina): Curso

 O xogo, motor da creación

Mércores 10



20:30 Auditorio Municipal. Noma Teatre (Cataluña)
: José K torturado

Xoves 11

20:00 Teatro Principal. A panadaría (Galicia): Elisa e Marcela

22:30 Auditorio Municipal. Teatro en Vilo (Madrid)
: Interrupted

Venres 12



19:00 Auditorio Municipal. Mulleres Creando – A caixa de Pandora (Galicia): Moito máis que persoal

22:30 Auditorio Municipal. Matarile (Galicia): Os limóns, a neve e todo o demais

Sábado 13



19:00 Auditorio Municipal. Mulleres Creando – Ana Matos (Galicia): Performance

20:00 Teatro Principal.Clara Sanchís (Madrid)
: Una habitación propia

22:30 Auditorio Municipal. La Mona Ilustre (Chile): La niña de Canterville

Domingo 14

19:00 Teatro Principal. La Mona Ilustre (Chile): J. Salvador Tramoya

19:00 Auditorio Municipal. Mulleres Creando – Nuria Vil + Vanesa Gremsel (Galicia)
: Recital de Dúas Gamberras e un micro

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

XanCejudoMaríaCasares |

Faleceu Xan Cejudo

DaAvaricia |

Teatro do Noroeste estrea hoxe en Narón un novo Valle Inclán