Cunha oferta de máis de 20 propostas teatrais, Lugo une calidade, entretemento, espazo de reflexión e distintas linguaxes para presentar ás veciñas e veciños unha mostra do mellor que deu este ano nas artes escénicas galegas e do resto do estado.
Etiqueta: Teatro en Vilo
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
Hoy puede ser mi gran noche
Sobre o triunfo e a perda | Ana Abad de Larriva | | Foto: Rosinha Rojo | As cousas non foron sempre como nós as lembramos, e as cousas que imaxinamos ben puideron ser, ou non. En Hoy puede ser mi gran noche, a compañía madrileña Teatro En Vilo bota man da autoficción para […]
Marcos Abalde gaña o XV Premio Abrente coa obra ‘O tsunami’
O Premio do Público é para Hoy puede ser mi gran noche, de Teatro en Vilo e Leira, de Nova Galega de Danza, que obtiveron a mesma puntuación no reconto final. Un xurado composto polas actrices Fina Calleja e Rosa Puga e polo actor Fernándo González e presidido polo director da MIT de Ribadavia, Roberto […]
O CDG inicia o proceso de selección de elencos das súas tres próximas producións
Levará a escena O charco de Ulises baixo a dirección de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, Terceiro acto con Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, e Serva me, servabo te con Belén Bouzas, Fran Martínez e Diego M. Buceta. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o anuncio polo que se fai pública a convocatoria […]
A MIT Ribadavia presentou o programa da súa 36ª edición
A estrea de Teatro en Vilo, o apoio á danza, o multipremiado espectáculo catalán Rebota Rebota y en tu cara explota, a coprodución con Antón Reixa, a retrospectiva en torno ó dramatugo e director Pablo Remón e a creación contemporánea centran unha MIT con reforzo de espectáculos gratuítos de rúa e o 70% galegos. […]
O FITO inicia hoxe a súa “edición de resistencia”
O 12º Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) arranca no Teatro Principal de Ourense coa obra La voz dormida, de Euroscena (Salvador Collado), compañía procedente de Madrid. Despois da incerteza creada dende que o Concello de Ourense anunciara a retirada de axudas ao encontro, a compañía Sarabela consegue manter a continuidade do festival cunha “programación fiel […]
O FITO Ourense celebrará unha “edición de resistencia”
O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) celebrará a súa duodécima edición despois da incerteza creada dende que o Concello de Ourense anunciara a retirada de axudas ao encontro. Sarabela, a compañía organizadora do FITO anunciou que o Teatro Principal, o campus de Ourense e as rúas da cidade, serán os escenarios do programa […]
Generación Why
O futuro é agora | Ana Abad de Larriva | | Foto: César Lucas Abreu | Pasamos unha parte considerable da nosa existencia pensando, soñando, elucubrando, preocupándonos polo noso futuro. Hai, ademais, determinadas etapas que son máis proclives a que nos formulemos ––ou nos expresen–– esa cuestión, xa dende o típico “que queres ser […]
O pregón de Quico Cadaval abre hoxe a 36ª Mostra de Cangas
A edición deste ano presenta máis de vinte espectáculos, entre os que se contan cinco estreas absolutas e cinco estreas en Galicia. Despois da homenaxe a Enma Pino celebrada onte, hoxe arranca a programación da da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Un ano máis a vila do Morrazo convértese nun referente […]
A XXXVI Mostra de Cangas presenta o seu programa
A Mostra, cuxo pregón pronunciará Quico Cadaval, presenta cinco estreas absolutas e cinco en Galicia. O 28 de xuño arranca a XXXVI edición da Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Un ano máis a vila do Morrazo convértese nun referente do teatro de humor, ao que leva consagradas xa 36 edicións do […]
Nova edición do Corufest, en maio
Do 9 ao 12 de maio celebrarase unha nova edición de Corufest, un Festival de Artes Escénicas que aposta pola programación de accións que dean visibilidade á liberdade afectivo-sexual e que pretende ser un lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social. O festival trae á cidade da Coruña ao gañador do premio Max 2016, […]
Vinte e catro espectáculos na programación do Concello de Vigo
O venres 25 e o sábado 26 de xaneiro arrinca na rúa do Príncipe a programación municipal de artes escénicas e musicais, VIGOCULTURA, que se desenvolverá nos meses de febreiro, marzo e abril, organizada pola Concellería de Cultura. A compañía portuguesa Projeto EZ realizará unha espectacular ruada, protagonizada por dous vehículos sorprendentes, con pases ás […]
Dezaseis espectáculos de cinco países no FITO de Ourense
O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) fixo público onte o cartel de espectáculos, mesas redondas e actividades formativas da súa undécima edición, que ofrecerá do 4 ao 14 de outubro máis dunha quincena de montaxes de cinco países, así como o IV Encontro Mulleres Creando e o curso O xogo, motor da creación. […]
Unha ducia de espectáculos no III Fóra do Mapa de Ferrol
A terceira edición do festival Fóra do Mapa desenvólvese en Ferrol do 24 ao 30 de setembro. Dedicado ás artes escénicas contemporáneas, o programa quere resaltar o patrimonio artístico e arquitectónico da cidade a través da presentación dunha ducia de espectáculos en diversos espazos: algúns descoñecidos e inexplorados e outros máis habituais para escena ferrolá. […]