in

Un total de 14 espectáculos son finalistas nos XXVI Premios de Teatro María Casares

Foto Finalistas Maria Casares scaled |
Foto de finalistas dos Premios María Casares 2022. Imaxe de AAAG / LaDiapo.

Un total de 14 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala dos XXVI Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrará o 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Así se deu a coñecer esta tarde en Santiago durante a Festa de Finalistas, acto que foi presentado polo actor Jose Losada, e que contou coa asistencia de Jacobo Sutil, director da Agadic; Xosé Lois Penas, deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña; Jesús Celemín, concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego do Concello da Coruña, e Isabel Blanco, delegada de AISGE en Galicia; que acudiron á Festa de Finalistas como representantes das institucións que patrocinan os galardóns organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) dende a súa creación en 1997.

A obra Cigarreiras, de Contraproducións e Teatre Romea, acadou un total de 8 finalistas nas categorías de maquillaxe, vestiario, escenografía, adaptación-tradución, actriz protagonista por partida dupla, dirección e espectáculo. Othello, de Voadora, tamén conseguiu 8 finalistas; no seu caso, nos apartados de maquillaxe, vestiario, escenografía, iluminación, adaptación-tradución, música orixinal, actor secundario e dirección.

Pola súa banda, A lúa vai encuberta, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, competirá por sete María Casares ao contar con finalistas para iluminación, adaptación-tradución, música orixinal, actor secundario, actor protagonista, dirección e espectáculo.

A produción do Centro Dramático Galego (CDG) Terceiro Acto rexistra seis finalistas nos apartados de escenografía, texto orixinal, actriz protagonista, actor protagonista por partida dupla e espectáculo.

Comando Comadres, de Matrioshka Teatro, aspira a levar dous galardóns: maquillaxe e actriz secundaria, igual que Quixote, da compañía Pedras de Cartón, que opta aos de vestiario e espectáculo infantil. O charco de Ulises, do Centro Dramático Galego, tamén conseguiu dúas finalistas, ao aspirar por partida dupla ao premio de actriz secundaria.

Os seguintes espectáculos acadaron un finalista: Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro (actor secundario); A parábola do angazo, de Talía Teatro (texto orixinal); A cazola de Lola, de Tanxarina (música orixinal); Soga e cinsa, de Aporía Escénica (texto orixinal); Serva me, servabo te, do Centro Dramático Galego (iluminación); Hugo, de Os Naúfragos Teatro (espectáculo infantil); e Cubo, de Elefante Elegante (espectáculo infantil).

Relación de finalistas por montaxes

  1. Cigarreiras, de Contraprodución e Teatre Romea (8 finalistas): espectáculo, dirección (Cándido Pazó), actriz protagonista (Tamara Canosa e Susana Dans), adaptación/tradución (Cándido Pazó), escenografía (Dani Trillo), vestiario (Martina Cambeiro) e maquillaxe (Martina Cambeiro).

  1. Othello, de Voadora (8 finalistas): dirección (Marta Pazos); actor secundario (Hugo Torres), adaptación/tradución (Fernando Epelde), música orixinal (Hugo Torres), iluminación (Nuno Meira), escenografía (Marta Pazos), vestiario (Silvia Delagneau) e maquillaxe (Silvia Delagneau).

  1. A lúa vai encuberta, Incendiaria e A Quinta do Cuadrante (7 finalistas): espectáculo, dirección (Tito Asorey), actor protagonista (Davide González), actor secundario (Tito Asorey), adaptación/tradución (Vanesa Sotelo), música orixinal (Davide González) e Iluminación (Laura Iturralde).

  1. Terceiro acto, do Centro Dramático Galego (6 finalistas): espectáculo, actor protagonista (Roberto Leal e Eduardo R. Cunha ‘Tatán), actriz protagonista (Belén Constenla), texto orixinal (Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez) e escenografía (Marta Pazos)

  1. O charco de Ulises, do Centro Dramático Galego (2 finalistas): actriz secundaria (Mónica Camaño e Raquel Espada)


    Publicidade

  1. Comando Comadres, de Matrioshka Teatro (2 finalistas): actriz secundaria (Anabell Gago) e maquillaxe (LaPelu F.Silva)

  1. Quixote, de Pedras de Cartón (2 finalistas): vestiario (Diego Valeiras) e espectáculo infantil.

  1. A parábola do angazo, de Talía Teatro (1 finalista): texto orixinal (Araceli Gonda, Marta Lado, Jose Prieto, Diego Rey, Séchu Sende e Artur Trillo).

  1. Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro (1 finalista): actor secundario (Fernando Dacosta)

  1. A cazola de Lola, de Tanxarina (1 finalista): música orixinal (Ailén Kendelman).

  1. Soga e cinsa, de Aporía Escénica (1 finalista): texto orixinal (Diana Mera)

  1. Serva me, servabo te, do Centro Dramático Galego (1 finalista): iluminación (Laura Iturralde)

  1. Cubo, de Elefante Elegante (1 finalista): espectáculo infantil

  1. Hugo, de Os Náufragos Teatro (1 finalista): espectáculo infantil.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

exposición maria casares

Unha exposición sobre María Casares percorrerá as principais cidades galegas

Sue Jin Kang.International Theatre Institute ITI - World Organization for the Performing Arts

Mensaxe para o Día Internacional da Danza 2022