Unha peza ambiciosa, como se botan de menos no noso panorama e nestes tempos de restricións, cun elenco de nada menos que 11 actrices de idades e especialidades diversas, e que amosan unha comunidade especial, unha complicidade reflectida en moitos intres laterais, case tanxenciais, a través de acenos e xestos, agarimos, palabras e enfrontamentos.
Etiqueta: María Roja
Aporía Escénica estrea ‘Soga e Cinsa’ en Vigo
Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais do novo conxuro teatral de Aporía Escénica: Soga e Cinsa. O espectáculo, con dramaturxia e dirección de Diana Mera, é unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida.
Artes escénicas no Culturgal
O Culturgal desenvolveu a súa décimo terceira edición esta fin de semana pasada en Pontevedra e foi retransmitido tamén en streaming dende a web da feira a través de tres canles diferentes: Foro, Escena e Libro. Entre o 27 e o 29 de novembro presentáronse un gran número de proxectos culturais e ofrecéronse espazos de encontro para abordar temas relacionados coa situación actual e a cultura.
A sétima edición do Escenas do Cambio xa ten programación
O festival Escenas do Cambio chega á súa sétima edición cunha dirección renovada, da man de Lola Correa, e con cambios no seu formato. Desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 18 e o 21 de febreiro, apostando por un espazo cambiante, e incluíra un total de once pezas internacionais de teatro, danza e arte en acción, nas que sobresae a creación en feminino.
Arranca o festival de artes performativas Plataforma
Onte comezou en Compostela a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño. Dirixido por Performa S. Coop. Galega, Plataforma nace coa intención de traballar en rede e […]
Compostela acollerá en setembro o festival de artes performativas ‘Plataforma’
Entre o 10 e o 18 de setembro de 2020 terá lugar en Compostela a primeira edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, a arquitectura e o deseño. O evento foi presentado pola concelleira […]
Compostela acolle o festival USCénica 2020
Do 1 ao 18 de xullo Compostela acolle o festival USCénica 2020. Máis dunha ducia de espectáculos galegos danse cita nesta cita organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e que se desenvolverá na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, a terraza do Auditorio da Universidade e o Salón Teatro. | Foto: Manuel G. Vicente | […]
Nace ‘Límites, Corpo Colectivo Transfronteirizo’, colectivo interdisciplinar
Límites, Corpo Colectivo Transfronteirizo: así se define esta iniciativa que reúne propostas e artistas de diferentes disciplinas como a videoarte, a música, a ilustración, a danza, a poesía ou a performance. Todos os proxectos que conforman o colectivo ofrecen unha aposta cara á indagación e experimentación, transitando e rebasando os límites. O obxectivo do grupo […]
No confín de… María Roja
Inauguramos con María Roja unha nova sección, coordinada por Ernesto Is, na que diversas persoas relacionadas coas artes escénicas nos ofrecen pistas sobre as súas actuais inquedanzas culturais e impulsos para a creación. María Roja é performer, actriz e artista visual. O libro que tes sobre a mesa de noite. Teño un feixe deles, […]
Performance de María Roja e María Chiginskaya en Lugo
Dentro do programa Lubicán – Xoves de Moda, María Roja e María Chiginskaya presentarán a performance Ada ou Contar de memoria unha novela de Nabokov, mañá 13 de febreiro, ás 21:00, na Casa do Saber de Lugo. Ao longo dos primeiros meses do ano 2018, María Roja padeceu un problema ocular a raíz do cal se […]
Poeta en Nova York
Teatro Baixo da Area, a nova liña de investigación das producións de Pomba Luxilde (Escola Palimoco de Teatro e Danza), estreou en Lugo con gran éxito de público a adaptación ao galego deste clásico da lingua castelá. Unha proposta coherente co imaxinario do granadino, cun respectuoso e coidado traballo dramatúrxico: tanto na tradución e posta en escena do texto como na forma de dicir e representalo. A conxunción do traballo interpretativo co espazo e cos obxectos regala aos ollos imaxes surrealistas e máxicas que non só teatralizan os poemas de Nova York, senón que tamén repasan a biografía de García Lorca e a súa obra: “A min non me importan as discusións sobre o amor nin o teatro. Eu o que quero é amar” (El público, 1930).
É unha mágoa que estes momentos non veñan acompañados dunha iluminación máis determinante. O deseño ás veces fica un pouco plano e –talvez só sexa un fallo propio da estrea– desconcerta tanta intermitencia e os cambios bruscos de intensidade.
A Marabunta toma o Teatro Colón contra a violencia de xénero
Hoxe 23 de novembro, a partir das 18:00, A Marabunta tomará diversos espazos do Teatro Colón da Coruña. As áreas de Cultura e de Igualdade da Deputación da Coruña organizan esta proposta en que diferentes creadoras do panorama galego desenvolven performances especificamente pensadas para o espazo do Teatro Colón. Movemento, corpo, interacción co público, discurso… para […]
TRC Danza dá a coñecer os proxectos das Residencias Paraíso 2017
Oasis Paraíso é un programa triple que se desenvolverá no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o sábado día 15, dentro do programa TRC Danza. Está composto por distintos traballos que foron desenvoltos durante o programa de Residencias Paraiso 2017, un programa de residencias artísticas para as artes vivas en Galicia impulsado polo Colectivo RPM […]
Artes escénicas na terceira edición do Festival 85C de Vigo
Entre os vindeiros 7 e 9 de setembro celebrarase en Vigo unha nova edición do Festival 85C que reúne a mulleres creadoras de todas as artes e disciplinas. Máis de 25 locais da cidade, acollerán as propostas dunhas 80 artistas diferentes. O evento está organizado desde a asociación sen ánimo de lucro, 85C, que traballa […]
O FETEGA do Carballiño presenta un programa protagonizado por mulleres
Onte presentouse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense a programación completa da XXIX edición do Festival de Teatro Galego. O acto tivo lugar ás 12:00, e nel gardouse un sentido minuto de silencio polo falecemento do actor Ernesto Chao, durante o cal todos os presentes se puxeron en pé, instante seguido […]
Laboratorio de Performance con Blanco & Roja no FETEGA do Carballiño
A AAAG (Asociación de Actrices e Actores de Galicia) en colaboración co FETEGA (Festival de Teatro Galego do Carballiño) e co patrocinio da Fundación AISGE, organizan un taller de 6 horas facilitado polas creadoras Alba Blanco e María Roja, o día 18 de agosto. Pedra (ou que) Este laboratorio propón unha reflexión desde a […]
O programa Residencias Paraíso abre ao público os proxectos de 2017
O programa Residencias Paraíso, organizado polo Colectivo RPM para impulsar a investigación e a creación arredor das artes do movemento, presentouse o mércores 29 de novembro en A Coruña a través dun encontro que reuniu aos axentes implicados na iniciativa. Despois da presentación aos medios de comunicación do “Encontro Artistas 2017 #ResidenciasParaíso”, a sesión matinal […]