in

Aporía Escénica estrea ‘Soga e Cinsa’ en Vigo

Soga e Cinsa de Aporía Escénica
Imaxe: Marcos Canosa

Soga e Cinsa, tríptico renacentista para 11 bruxas en 101 minutos que aborda a Caza de Bruxas en Europa entre os séculos XV e XVII, preséntase o venres 19 e o sábado 20 de febreiro, ás 20.00 h., no Auditorio Municipal de Vigo.


Publicidade

Volve o teatro ao Auditorio Municipal de Vigo da man de Aporía Escénica, compañía dirixida por Diana Mera, coa estrea de Soga e Cinsa. O ambicioso espectáculo, con 11 actrices en escena, desenvolve a liña creativa que a compañía vén traballando desde hai anos en anteriores propostas como 6 cubos negros sobre fondo branco ou 30 e tantos ósosao explorar o universo da muller por medio da hibridación de tipoloxías escénicas que favorezan a potencia plástica dos corpos e os obxectos, empregando o xogo e o humor, sen esquecer a palabra e a poesía.

Soga e Cinsa, con dramaturxia e dirección de Diana Mera, aborda a Caza de Bruxas en Europa entre os séculos XV e XVII co obxectivo de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista. 

Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida. Asistimos a unha peregrinaxe de sombras que procuran as luces da xustiza e do recoñecemento.

Soga e Cinsa de Aporía Escénica
Imaxe: Marcos Canosa

Sobre as táboas, 11 actrices: Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Raquel Oitavén, Marta Pérez, Merche Pérez, Rosa Puga Davila, María Roja, María Salgueiro, Nuria Sotelo, María Tasende e a propia Mera.

Completan este equipo, maioritariamente feminino, AveLina Pérez na asistencia de dirección, Montse Piñeiro na luz, espazo e vestiario, Del Ruiz na iluminación, José Faro ‘Coti’ na construción e Francisco Gallardo no son.

Soga e Cinsa cartaz
Deseño: Paulina Funes

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Alborada de Edipo de Xesús Pisón

Alborada de Edipo

Rafael Dieste

Convocado o XX Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais