in

Aporía Escénica regresa ao Salón Teatro de Compostela

Aporia6cubos |
Diana Mera é a autora e directora de 6 cubos negros en corpo branco, unha traxicomedia sobre a represión feminina na familia e na sociedade, moi influenciada polo universo de La casa de Bernarda Alba.

 

O Salón Teatro de Santiago, sede do Centro Dramático Galego (CDG), recibe de novo a compañía viguesa Aporía Escénica, que desta volta representa 6 cubos negros en corpo branco, a súa nova produción. Diana Mera é a autora e directora deste espectáculo, que contou co apoio económico da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a través das axudas a produción escénica de 2017 e que poderá verse neste escenario ata o vindeiro domingo día 13.

Aporía Escénica, que hai un ano xa visitara o Salón Teatro coa súa premiada 30 e tantos ósos, afonda de novo no universo feminino con esta traxicomedia sobre a represión nos ámbitos familiar e social, con tinturas de humor negro e absurdo e moitas referencias ao universo lorquiano de La casa de Bernarda Alba.

Publicidade

En escena, seis actrices habitan un espazo en branco e negro, subxugadas pola omnipresenza do frío que emana do gran frigorífico branco que lles sirve de fondo. Suspendidas no tempo, atópanse a cabalo entre dúas épocas: a analóxica e a dixital. Ao longo do espectáculo, o público asiste á desconxelación gradual dos corpos das actrices, que pasan do hieratismo á organicidade nunha atmosfera chea de inquietude na que destacan os laios do violín.

O elenco, composto por María Salgueiro, Rosa Puga Davila, Marta Pérez, Lucía Hernández, Nerea Brey e Diana Mera, levará a escena esta peza desde mañá ao sábado ás 20,30 h. e o domingo ás 18,00 h.

Tras estas representacións, o Salón Teatro acollerá unha xornada de portas abertas o xoves 17 con motivo de celebración do Día das Letras Galegas, para dar paso, na semana seguinte, ao ciclo Teatro Ob-sceno do programa de residencias do CDG.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

logoaaag cor |

Comunicado da AAAG reivindicando o inxente labor do programa Diario Cultural

DarkFieldAnalysis 3©Ben Mergelsberg |

Dark Field Analysis