Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
Etiqueta: AveLina Pérez
Presentadas as ‘Dramaturxias Itinerantes’ de 2020
As dramaturgas seleccionadas nesta tercera edición foron a galega Clara Gayo e a portuguesa Cláudia Lucas Chéu, dúas autoras nadas na década dos anos setenta que presentaron dous textos que nos mergullan nas dimensións máis escuras da condición humana nuns intres e que nos interpelan de xeito singular nestes intres tan difíciles que estamos a vivir.
V Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG
Desenvolverase do 20 ao 21 de novembro de 2020 en formato online. Organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, o patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña, baixo o título ‘As artes escénicas e as súas literaturas ante crises e pandemias’. […]
O FETEGA presenta o programa da súa 31ª edición
O Festival de Teatro Galego – Celso Parada vén de presentar o programa da súa trixésimo primeira edición que se desenvolverá no Carballiño do 23 ao 26 de setembro. Oito espectáculos e un abano de actividades entre as que se atopa a animación de rúa, as lecturas dramatizadas e dúas mesas redondas sobre igualdade configuran […]
AveLina Pérez reanuda a programación en Ensalle con ‘A que non podes dicir cocacola?(II)’
A estrea de A que non podes dicir cocacola? (II), de AveLina Pérez retoma a programación en Teatro Ensalle. O espectáculo que onte se presentou na sala viguesa e que poderá verse ata este domingo 20 de setembro, abre unha nova tempada que inclúe compañías como Teatro Ensalle, Diego Anido, Marta Alonso Tejada e o […]
Compostela acolle o festival USCénica 2020
Do 1 ao 18 de xullo Compostela acolle o festival USCénica 2020. Máis dunha ducia de espectáculos galegos danse cita nesta cita organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e que se desenvolverá na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, a terraza do Auditorio da Universidade e o Salón Teatro. | Foto: Manuel G. Vicente | […]
O teatro será protagonista do FLIV20 con lecturas dramatizadas e debates
As artes escénicas serán protagonistas na primeira edición do FLIV20, o I Festival Virtual do Libro de Galicia, un festival que contra as circunstancias quere dar visibilidade as letras e as autoras de Galicia e que, de xeito virtual, se celebrará entre os días 26 e 28 de xuño no enderezo web www.fliv.gal. Consciente […]
Espida
Mover os marcos do corpo | Ana Abad de Larriva | Que é ser normal? Que escondemos cando dicimos que somos normais, que todo é normal? En moitas ocasións, agochamos o que suporía a nosa “anormalidade” social para adoptarmos comportamentos e accións repetitivas, compulsivas e frenéticas con que ocupamos as nosas rutinas, e que […]
A Compañía IO estrea o seu último espectáculo na sala Ártika de Vigo
A compañía IO estrea, o vindeiro xoves, 6 de febreiro, na sala Ártika de Vigo, un novo espectáculo, Espida. A obra seguirá en cartel na mesma sala o venres 7 e o sábado 8, sempre ás 21:30. Interesada na investigación das posibilidades do novo circo, a compañía procura, nesta peza, un diálogo entre diferentes […]
A Xunta e Edicións Positivas recompilan dez pezas do grupo de traballo DramaturXa do CDG
A Xunta de Galicia e Edicións Positivas deron a coñecer onte en Culturgal a publicación de DramaturXa, novo volume da colección do Centro Dramático Galego (CDG) O papel do teatro, que reúne 10 dos textos xurdidos no grupo de traballo que en 2018 coordinou o director e autor Manuel Lourenzo para a compañía pública. […]
Dez citas coas artes escénicas en Culturgal
Este venres comeza Culturgal, tres días nos que as industrias culturais sacan músculo e amosan o tecido creativo do país. Reunimos aquí algunhas das citas na feira que marcarán a actualidade das artes escénicas do vindeiro ano. O programa completo pode consultarse aquí. Venres 1. Culturgal comeza coas Xornadas Profesionais Escena Galega, que este […]
O IV Fóra do mapa toma Ferrol do 14 ao 20 de outubro
A cuarta edición do festival de artes escénicas Fóra do mapa desenvolverase en Ferrol do 14 ao 20 de outubro. Quince compañías daranse cita en diferentes espazos da cidade dentro do programa de creación contemporánea que contribúe a resaltar o seu patrimonio artístico e arquitectónico. O programa comeza o luns 14 coa inauguración da exposición […]
Deixa de tocala, Sam
Como vivir: velaí a cuestión | Ana Abad de Larriva | | Foto: David Rodas | AveLina Pérez é unha valente. En Deixa de Tocala, Sam, que se presentou os días 21 e 22 de setembro de 2019 no Salón Teatro do Centro Dramático Galego (CDG), enfróntase aos piares do teatro convencional, ao poder, […]
‘Espazo en espera’ no MARCO de Vigo
A partir do xoves 19 de setembro, e durante catro días consecutivos, os espazos do primeiro andar do MARCO ábrense a unha experiencia escénica e participativa, a través dunha proposta dirixida por A Artística (Olga Cameselle e Alfredo Rodríguez), coa colaboración de dez artistas convidados. ESPAZO EN ESPERA é o título dun proxecto que […]
O CDG retoma a actividade do Salón Teatro de Compostela
A sede do Centro Dramático Galego acollerá ata finais de ano unha decena de espectáculos, entre outras actividades. O Centro Dramático Galego (CDG) abre a nova temporada de actividade no Salón Teatro de Santiago, que desde hoxe e ata o vindeiro domingo 8 acolle unha das residencias artísticas do programa Camiño Escena Norte de […]