in ,

AveLina Pérez estrea ‘Segunda man. Estado aceptable’ no Teatro Ensalle

Imaxe de AveLina Pérez para 'Segunda man. Estado aceptable'
Imaxe de AveLina Pérez para 'Segunda man. Estado aceptable'

A artista residente do Teatro Ensalle de Vigo estrea esta fin de semana Segunda man. Estado aceptable. Venres 9, sábado 10 e domingo 11 de xuño, ás 20h. na sala da Rúa Chile, 15 de Vigo.

Unha peza sobre a que a propia creadora só ofrece un breve texto a modo de sinopse: “Ofrécese muller, dada de alta na seguridade social, para agarrar man de moribundo no último lance. Prezo: 35 euros/hora. Cóbrase por adiantado.”

Segunda man. Estado aceptable vén despois de Eco (2021), a coprodución co Centro Dramático Galego, realizada, en colaboración tamén co Teatro Ensalle, no Real Mosteiro de Oia, unha dramaturxia que se construía a partir das voces e das mensaxes fragmentarias que os presos deixaron impresas nas paredes do Mosteiro durante a época da guerra civil española, cando era un campo de concentración.

Publicidade

Teatro Ensalle é o espazo que alberga as creacións escénicas de AveLina Pérez desde hai uns anos: A que non podes dicir cocacola? (2015), Os cans non comprenden a Kandinsky (2017), Deixa de tocala, Sam (2018), A que non podes dicir cocacola? (II) (2020), e Por favor, ténteo novamente máis tarde (2021). Tamén presentou no VII Programa Vigo en Bruto 2017 que organizaba o Teatro Ensalle a peza Honey Rose. Como dramaturga acadou o Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 coa peza Ás oito da tarde, cando morren as nais, que foi estreada polo Centro Dramático Galego en 2022 con dirección de Marta Pazos. Tamén en 2018 gaña o Premio Abrente para textos teatrais con O día no que bicar a terra. En 2017 a erregueté publicou a súa peza Os cans non comprenden a Kandinsky. A súa obra teatral publicada máis recente é Ese silencio (Positivas, 2021).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos VACAburra foto manuel g vicente |

Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos

'José, o Pai' de Elmano Sancho. Foto ©Sofia Berberan

‘JOSÉ, O PAI’ de Elmano Sancho