in ,

Seleccionados os elencos para as novas producións do CDG

CDG AGADIC
Fotografía do CDG

A páxina web da Agadic fixo pública a relación de persoas seleccionadas para as producións do ano 2021 e 2022 do Centro Dramático Galego: A peste, con dirección de Cándido Pazó, e Ás 8 da tarde cando morren as nais, dirixida por Marta Pazos.

Centro Dramático Galego (CDG) asume a produción propia de dous novos espectáculos para a temporada 2021-2022 baixo a dirección de Cándido Pazó e de Marta Pazos. Na primeira estrea prevista, unha adaptación d’A peste de Albert Camus, estará á fronte Cándido Pazó. A segunda, Ás 8 da tarde cando morren as nais, será dirixida por Marta Pazos a partir da peza de AveLina Pérez, gañadora en 2018 do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais convocado pola Xunta. A posta en escena das pezas suporá a contratación de 22 intérpretes, que a páxina web da Agadic deu a coñecer no día de onte a través dunha resolución na que se constitúe, ademais, unha listaxe coas persoas que non resultaron seleccionadas para eventuais substitucións por renuncia ou baixa das persoas titulares.

Elenco Ás 8 da tarde cando morren as nais

Publicidade

– María de las Llanderas: Actriz.
– Xosé Manuel Esperante: Público 1.
– Davide González: Público 2.
– Toni Salgado: Público 3.
– Alba Loureiro: Público 4.
– Camila Bossa: Público 5.
– Sabela Domínguez: Sombra.

Elenco A peste

– Ignacio Castaño: Rieux.
– Luis Iglesia: Tarrou.
– Evaristo Calvo: Grand.
– Santi Romay: Rambert.
– Jorge Miguel Cortázar: Cottard.
– César Cambeiro: Paneloux.
– Santi Prego: Castel.
– Marcos Orsi: Operario 1.
– Carlos Sante: Cego / Taberneiro.
– Antonio Martínez Rial: Operario 2.
– Salva del Río: Prefecto / Carteiro.
– Paku Granxa: Sra. Michel.
– Rebeca Montero: Muller / Mestra.
– María Roja: Muller / Sra. Rieux.
– Casilda Alfaro: Muller / Nai.

A estrea d’A peste está prevista para xaneiro de 2022 e estará en cartel ao longo de oito semanas; mentres que Ás 8 da tarde cando morren as nais estrearase en abril do vindeiro ano e estará en cartel durante 6 semanas, ás que se engadirá unha xira a finais de ano.

Resolución da selección de actrices e actores para as producións do ano 2021 e 2022 do Departamento de Produción Teatral da Agadic

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Galicreques

A 26ª edición do Festival Galicreques recupera o seu cariz máis internacional

Festival Quincegotas

A Coruña énchese de danza coa quinta edición do Festival Quincegotas