Medida x Medida

Medida x Medida

A montaxe de Excéntricas teno todo para triunfar: unha produción coidada, un elenco excelente e preparado, unha intelixente disposición de accións cómicas e físicas herdadas do circo e da Commedia dell’Arte (executadas por un Víctor Mosqueira con aire a Charlot), mesturadas co que poderiamos denominar “typical TVG comedy act” (onde reina a actriz Patricia Vázquez) e áxiles cambios de personaxes para os actores e actrices, unha estudada posta en escena con xogos de espazo a través dunhas reixas versátiles, un estupendo manexo da iluminación (deseñada por Dani Juncal) e a combinación de números musicais (teño que salientar a fermosa voz de María Costas, por certo, unha Mariana doce e delicada), onde todos participan.

Xardín suspenso

 Ela segue aí | Camilo Franco | A familia é un muro de cristal. Translúcido. Vense os movementos, pero non se saben as intencións. Nin as boas, que son as peores. Esa é a paisaxe: universal, cotián. É demasiado familiar para ser irrecoñecible, demasiado familiar para que poidamos entendela. A familia nace, o resto é […]