in

Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay estrean ‘Coleccionistas’ na Illa

coleccionistas |

A Illa de Arousa acollerá o 14 de abril a estrea deste novo espectáculo, que percorrerá máis de dez localidades entre os meses de abril e xuño. Os espectadores asistirán en cada función ás máis orixinais reinterpretacións dalgunhas das obras de arte máis coñecidas.

 

A historia da arte chega aos teatros. Faino da man de Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, os protagonistas de Coleccionistas, un novo espectáculo de comedia cargado de sorpresas no que o importante non só acontecerá sobre o escenario.

Os espectadores de cada función converteranse por unha noite en afamados coleccionistas das mellores obras de arte, dispostos a participar nunha gran poxa. Pereiro, Digón e Romay, responsables de tan importante evento, encargaranse de describir con todo luxo de detalles a historia, o anecdotario ou o proceso de creación de cada un dos cadros, cando non a vida do artista.

Comedia e arte mesturaranse nun espectáculo irrepetible que visitará once localidades do país desde o 14 de abril, cando terá lugar a estrea na Illa de Arousa. O resto de vilas e cidades que completarán a xira serán Negreira, Ribadeo, Cee, A Coruña, Ponteareas, Verín, Melide, Lugo, O Carballiño e Vigo.


Publicidade

Coleccionistas contará ademais coa música en directo do mestre Cristian Leggiero, que acompañará o relato de cada unha das obras seleccionadas polo público.

Oswaldo Digón dirixe este novo espectáculo no que participa Ainé Producións, que terá tamén unha vertente solidaria. E é que o público participará realmente nesa poxa, achegando a súa oferta para levar un dos cadros ao sair do teatro. O importe recadado será destinado a unha entidade social sen ánimo de lucro de cada localidade.

As datas da xira pódense consultar aquí 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

somoscriminais03 |

‘Somos criminais’ estréase hoxe na Illa de Arousa

Caixanegra |

Presentación de ‘A caixa negra’ de Manuel Tudela, obra gañadora do Certame de BD sobre Teatro