Ao longo deste domingo, 10 de outubro, o Castelo de Santo Antón da cidade herculina acollerá sete propostas de danza totalmente gratuítas.
A danza escapa dos seus escenarios habituais e instálase nas rúas e nas prazas da Coruña para se converter nun elemento máis nos espazos de convivencia cotiá da cidade un ano máis. O Festival Quincegotas leva a danza lonxe das butacas dos teatros e preto da veciñanza na súa quinta edición, na que agrupa algunhas das máis destacadas compañías de danza de Galicia e de fóra da comunidade.
Quincegotas desenvólvese este domingo, 10 de outubro, no Castelo de Santo Antón da Coruña. As entradas para os espectáculos son gratuítas, con aforo limitado, e poderán recollerse no propio espazo a partir das 11.30 horas, en horario de mañá, e ás 17.00 horas en horario de tarde.
V Festival Quincegotas
Horario de mañá: 12.00 horas (apertura de portas media hora antes)
– Instante gradual, Kirenia Danza
– Intempestiva, Cía. Elahood
– Mapa, Colectivo Glovo
Horario de tarde: 17:30 horas (apertura de portas media hora antes)
– Amparo, Cía. Entremans
– Onde pousa a humidade, Marcia Vázquez
– Canela, Laboratorio Escénico Danza
– Moi-Je, Full Time Company – Fabian Thomé