in

Artes escénicas no Culturgal

Jacobo Sutil e Fran Núñez | Culturgal

O Culturgal desenvolveu a súa décimo terceira edición esta fin de semana pasada en Pontevedra e foi retransmitido tamén en streaming dende a web da feira a través de tres canles diferentes: Foro, Escena e Libro. Entre o 27 e o 29 de novembro presentáronse un gran número de proxectos culturais e ofrecéronse espazos de encontro para abordar temas relacionados coa situación actual e a cultura.

As artes escénicas tamén estiveron moi presentes, a través de performances como Can Cancela Calafrío, de María Roja, dentro do programa Mulleres en Acción: Violencia Zero, ou A nova armadura, de Monica Mura. Tamén se presentou Sofía Unipersoal, de Inversa Teatro; unha acción escénica protagonizada por Marta Pérez e próxima ao teatro-conferencia, cuxa temática xira arredor da violencia machista.

No Espazo Foro desenvolveuse “Artes escénicas: estado da cuestión. Centro Dramático Galego e Escena Galega”. Por unha beira, abordouse “O Centro Dramático Galego fronte á covid-19”, para falar de como o CDG adaptou a súa planificación para adaptarse ás novas circunstancias derivadas da situación sanitaria actual, en que participou o seu director, Fran Núñez, xunto a Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic). Por outra beira, Escena Galega presentou a súa páxina web, fixo un resumo  e balance do proxecto Camiño Escena Norte e tratou outras cuestións de actualidade.


Publicidade

Ademais, no Espazo Libro presentouse A pequena compaña, de Carlos Labraña; Premio Estornela de teatro para nenos e nenas da Fundación Xosé Neira Vilas, e publicada por Edicións Embora . Contou cunha representación da man dos Furabolos; con Mar Fiuza (Xoaniña), Carlos Labraña (Soldadiño) e Roberto Leal (Papón).

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Huesos | Iron Skulls

No sin mis huesos

Olivas negras | 12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva

12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva