O público aplaude intensamente. A escena, os aplausos, repítense, si, coma se a potencia dun corpo que danza espertase a nosa, coma se a nosa man tocase o aire coa man de Hugo. Coma se esa ave que formaron entre os dous axitase as ás para mover algo dentro de nós, coma se só o corpo puidese facelo: desenrolar o espazo.
Etiqueta: Manu Lago
Comeza a IX edición de Corpo(a)terra
Hoxe comeza en Ourense a programación de Corpo (a) terra, un Festival que reivindica un novo uso do espazo urbano e que apela á participación cidadá a través da danza. O programa comezará ás 21:00, no café Cultural Auriense, con O lugar que non hai, do escritor Estevo Creus, un exercicio de improvisación dentro do […]
Pisando Ovos estrea ‘Directo 9’ no Teatro Ensalle
O mércores 3 de outubro a compañía Pisando Ovos estrea o seu novo espectáculo Directo 9. Dirixido por Rut Balbís e con unha renovada formación en escena cos bailaríns Fran Martínez, Raúl Pulido e Laura Villanueva, o espectáculo poderá verse na sala viguesa ata o sábado 6 de outubro. Directo 9 é unha conversa entre […]
Manu Lago: “O fito fundamental da danza contemporánea galega é a resistencia, sen dúbida”
O 29 de abril de 2018, coincidindo co Día Internacional da Danza, publicouse a primeira fase do Arquivo Online de Danza Contemporánea de Galicia. Impulsado por Manu Lago -produtor, xestor e distribuidor especializado no eido da danza-, o proxecto recolle documentación sobre a creación coreográfica galega e ten como obxectivo recuperar a súa memoria e […]