PUBLICIDADE

O mércores 3 de outubro a compañía estrea o seu novo espectáculo Directo 9. Dirixido por e con unha renovada formación en escena cos bailaríns , Raúl Pulido e Laura Villanueva, o espectáculo poderá verse na sala viguesa ata o sábado 6 de outubro.

Directo 9 é unha conversa entre os corpos, a danza, a música e a posta en escena por medio da iluminación, co propósito de regresar a un dos puntos máis importantes da súa linguaxe: a entrega total dos corpos desde o movemento e as accións cotiás. O noveno espectáculo da compañía é unha proposta dirixida cara ás novas linguaxes escénicas en clave de creación contemporánea na que se amosa o concerto como forma de reunión da sociedade contemporánea, e que convida a todas as asistentes a vibrar conxuntamente.

Fran Martínez, Raúl Pulido e Laura Villanueva son as novas caras de Pisando Ovos, unha aposta polas novas xeracións de artistas do panorama nacional. Por outra parte, a compañía volve apostar pola música en directo da man do DJ Jas Processor, ao igual que fixera en Give it a spin, e completa o equipo co seu iluminador habitual Afonso Castro, Janet Novás na axudantía de dirección e na produción e distribución.

Directo 9 (2018) completa unha triloxía composta, ademais, por Que volvan as flores (2014) e Give it a spin (2015) onde a exploración xira arredor da música electrónica e o desgaste físico dos corpos en directo.

Compartir

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete ao boletín á newsletter

Recibe no teu email as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!