in ,

Xornadas de danza e artes vivas: A Cultura (Plural) é un Dereito

João Fiadeiro
Imaxe: De longe era uma ilha, performance de João Fiadeiro

Os días 11 e 12 de marzo desenvolveranse no Teatro Colón, na Coruña, as xornadas de danza e artes vivas A Cultura (Plural) é un Dereito. O programa está comisariado por Caterina Varela e Sabela Mendoza, coordinadoras do proxecto Cara a unha escena plural, que impulsa a circulación da danza e artes vivas de carácter profesional en Galicia, e estrutúrase en cinco bloques: tres o xoves, e dous o venres.

O primeiro, “Un teatro para a danza, a danza en todos os teatros”, inclúe unha mesa de debate arredor desa cuestión; a presentación e coloquio arredor do proxecto Cara a unha escena plural, coa participación das súas coordinadoras e dos responsables dos teatros colaboradores; e unha presentación e coloquio arredor das residencias artísticas en Galicia.

No bloque dous, “A danza nos medios: entre a divulgación, a crítica especializada e o debate social”, haberá unha mesa de debate arredor desta cuestión, con persoas vinculadas a diferentes medios e plataformas. E, no bloque tres,  tratarase o tema “Renovar as relacións: territorio, mobilidade e sostibilidade”.

Publicidade

O bloque catro, “Innovación xurídica, participación e cooperación”, abordará varias presentacións e mesas de debate arredor dos procesos participativos para as políticas públicas, a innovación xurídica e participación para as artes vivas, a creación independente e a participación e colaboración nos procesos de creación en danza.

Por último, o bloque cinco, “Códigos deontolóxicos: ética e estética”, xirará arredor da deontoloxía na danza, a ética e as boas prácticas no traballo performativo, os valores na xestión de proxectos públicos de artes vivas e os códigos deontolóxicos en relación coa ética e a estética.

Ademais, os días 8, 9 e 10 de marzo o coreógrafo portugués João Fiadeiro impartirá un obradoiro no Centro Ágora da Coruña sobre a composición en tempo real, unha ferramenta teórico-práctica que estuda, problematiza e sistematiza a experiencia de improvisación e composición en arte, utilizando o campo proporcionado pola danza contemporánea como territorio privilexiado de investigación e aplicación. A asistencia é gratuíta previa inscrición.

Pode consultarse aquí o programa completo e cubrir o formulario de inscrición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Lacura Bibiana Monje

Lacura

Gran Bolero

A segunda edición do ciclo Lugo en Danza levará nove pezas á cidade