in

Debut, por Esther Carrodeguas

D1C7C2C1 E4CE 4B94 912F F045D2FAF7D4 |

En tempos de falsidade extrema agradécese [en extremo] que alguén se amose en escena tan auténtica coma Rosa Romero, quen xa dende o apelido contaxia o poderío sandador da súa presenza. O seu espectáculo [ela] é [coma o romero] un bo antídoto natural contra case todos os males que acosan o noso día a día.

Rosa/Clown baila cando non ten máis que dicir e fala cando non sabe qué bailar. Romero prega sen saber a quen todas as cousas que todos os que algunha vez tivemos a ousadía de nos subir a escena pregamos en silencio, agochando o medo mesmo de nós mesmas. Ela non afoga: porque cuspe. E ademais de expurga-lo medo pronunciándoo sobre as táboas ten a ben constatar o máis evidente: isto que fago, dinos, é para ti [e para ti, e para ti, e para ti]. A iso viñemos, poderiamos dicir, máis non o dicimos.

Rosa baila e desaparece o resto, e cando fala estamos con ela, choramos con ela, sentimos con ela, cabreámonos con ela, pregamos con ela e sobre todo, rimos con ela.

Non, o de Rosa non é un discurso novo [cal o é?] mais é un discurso de verdade [cantos o son?]. Non, o de Romero non chega a ser espectáculo grandioso [cal o é?] a pesar de que ela poida chegar a ser inmensa. Non, este show [?] de Rosa Romero non é o seu mellor espectáculo: porque non é nada máis que o seu Debut.


Publicidade

Apunta alto no sei primeiro disparo a Frecha-Romero quen se crava coma o vento no noso corazón [disparada por Alberto Cortés]. Queda un-ha co buraco posto e coa gana [inmensa] de volver vela nas vindeiras an-danzas teatrais. E prego [sen saber a quen] para que estea entre o público Mercedes Peón.

 

Foto: Juancho Romero

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

LarrivaArbores |

Presentación en Vigo de ‘A sombra das árbores’, de Ana Abad de Larriva

SutilXornadasDanza |

A Agadic recoñece que non haberá dirección para o Centro Coreográfico Galego