in

Programemos a tope!

P1060308 scaled |

Son tempos complexos, acaso interesantes como di o outro (outra, outre, outrx). Son tempos para andar á espreita de case todo. Cando non miras a prensa por un día, xa pecharon unha cidade, cancelaron unha programación completa e subíronlle o IVE ao Kas de Laranxa. O outro día por teléfono faláronme dunha novidade do DOG “de onte” e vinme a min mesma preguntado: “no de onte ou no de antonte?”, cousa que nunca pensei ter chegado a preguntar na miña vida.

O caso é que raíz deste DOG de cando sexa (xa sabedes de cal falo) levo uns días repetíndome a min mesma.

Argumentando. O de sempre (sempre agora pode ser referido a: dende a Covid, tanto cambian os tempos). A idea é a seguinte: se a cultura é segura, e as familias e amigues non tanto, a que cona ven pechar teatros cando o que vai facer esa xente que pensaba ir ao teatro é ir de cea cos primos, primas, curmás, avós, amigues, etc? Non será que a solución é programar cada vez máis?


Publicidade

Velaquí a miña proposta, señores e señoras e señoros da cultura: PROGRAMEMOS A TOPE! Dicídelle aos vosos vecinos e veciñas e veciñes que vaian ao teatro: que deixen de esconderse nas casas coas familias que iso é o perigoso. Dicídelle que deixen de celebrar aniversarios pechados nas cociñas e salóns das súas casas, e que vaian ao teatro: celebremos aniversarios nos teatros, reunións de amigues nos teatros, e vodas nos teatros!

Porque o teatro rezuma vida agora máis que nunca.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

cropped carte nocturne |

Aberta a convocatoria Eurodram 2020/2021 para obras traducidas ao galego

AD5A6920 1 |

O Teatro do Noroeste – CDV continúa a súa xira internacional