in

Aberta a convocatoria Eurodram 2020/2021 para obras traducidas ao galego

cropped carte nocturne |
A convocatoria da rede Eurodram 2020-2021 para textos teatrais traducidos está aberta ata o 31 de decembro de 2020. Nesta ocasión, o comité castelán-galego seleccionará obras traducidas desde un dos idiomas da rede ao castelán ou ao galego.

 

Unicamente o autor ou autora orixinal da obra ou a persoa responsable da súa tradución poden enviar obras a esta convocatoria que non require a selección como pauta de selección. Aínda que a convocatoria só admite unha obra por autor/a, cada tradutor/a pode mandar varias traducións, sempre que non sexan dunha obra da mesma autoría.

As persoas interesadas en participar deberán mandar nun único correo a Davide Ferré, coordinador do comité castelán e galego ([email protected]) dous documentos en PDF (o texto e a súa ficha correspondente. Será necesario indicar como asunto do correo “Convocatoria Eurodram 2020” + apelido da autora (sen nome) e título da obra en castelán ou galego).Os correos electrónicos que non sexan enviados con este asunto non poderán participar na convocatoria. Tamén será posible enviar a documentación á coordinación xeral de Eurodram: [email protected]. Cada correo recibirá unha notificación para confirmar a súa recepción. No caso contrario, e despois de 10 días, prégase entrar en contacto con [email protected].

Publicidade

Para a ficha solicitada, no texto do mesmo correo electrónico constarán os seguintes datos: 1) Título da obra; ) Nome e apelidos da autor/a; 3) Breve biografía da dramaturga/o (nome, data e lugar de nacemento); 4) Ano e lugar da escrita do texto; 5) Ano e lugar da tradución; 6) Breve biografía da tradutor/a (nome, data e lugar de nacemento); 7) Posible edición da tradución; 8) Idioma orixinal – idioma traducido; 9) Sinopse en castelán; 10) Número de personaxes; 11) Referencias a premios recibidos; 12) Referencias a producións anteriores; 13) Calquera outra información adicional que se estime oportuna.

Por outra parte, o texto debe incluír:1) Nome de arquivo: apelido do autor/a + título da obra; 2) Incluirase a obra traducida nun arquivo adxunto. Ao inicio do documento debe constar o nome da dramaturga/o, do tradutor/a, do título orixinal e do título traducido da obra, e do idioma inicial ou de chegada da tradución; 3) O texto traducido.

Pódese consultar máis información en http://eurodram.org/

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Premio Internacional Teatro Joven |

A Editorial DALYA convoca o V Premio Internacional para Obras de Teatro Joven

P1060308 |

Programemos a tope!