in

A Editorial DALYA convoca o V Premio Internacional para Obras de Teatro Joven

Premio Internacional Teatro Joven |
A Editorial DALYA convoca o V Premio Internacional para obras de Teatro Joven, que pretende estimular a creación de pezas teatrais orientadas á mocidade. O concurso, que ten aberto o seu prazo ata o 31 de decembro de 2020, permite a participación de autores e autoras de todo o mundo, independentemente da súa nacionalidade, idade ou idioma.

 

O V Premio Internacional para obras de Teatro Joven establece dúas modalidades: Categoría A, para obras de teatro cunha duración maior a unha hora; e Categoría B, para obras de teatro cunha duración de máis de media hora. O premio conta cunha dotación de 10.000 euros, grazas ao co-financiamento achegado polos fillos de Antonio Mesa Ruiz, a cuxa memoria se dedica este premio, e a colección de teatro da Editorial DALYA. Así, o premio da modalidade A (4.800 euros) consta de 2.400 euros en metálico, a tradución da obra teatral a outro idioma europeo diferente ao recibido, publicación e lectura pública da obra e axudas á difusión entre a mocidade da representación da obra nos dous anos posteriores á publicación. De igual modo, o premio da modalidade B (3.200 euros) consta de 1.000 euros en metálico, tradución da obra, publicación e lectura e axudas para a difusión entre a mocidade da representación da obra. Por último, serán publicadas as pezas seleccionadas como finalistas (2.000 euros).

Na IV convocatoria, o galego José Vázquez Peinó acadou o primeiro premio da Modalidade A con Algo mentres que Laurent Contamin gañou o premio da Modalidade B con Plus loin que l’horizon. De igual modo, as obras finalistas foron Carnada (Arxentina), Le tunnel (Francia), C’est pas la mort (Francia) e Last Night (Países Baixos) na modalidade A; Apátridas (España), Ecoponto (Portugal), Aulas de castigo (España), La prueba (Cuba) e Cleft (Canadá), na modalidade B.

Publicidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

D6C4278 |

O Teatro do Noroeste-CDV presenta o IV Festival de Teatro de Viana do Castelo

cropped carte nocturne |

Aberta a convocatoria Eurodram 2020/2021 para obras traducidas ao galego