in

Presentación en Vigo de ‘A sombra das árbores’, de Ana Abad de Larriva

LarrivaArbores |

ASombraDasArboresLarriva |O vindeiro xoves 23 de xaneiro, ás 20:00, na libraría Librouro de Vigo, presentarase o libro A sombra das árbores, de Ana Abad de Larriva, obra gañadora do II Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño e publicada pola Editorial Galaxia na súa colección Costa Oeste.

A escritora Inma López Silva e o dramaturgo Ernesto Is acompañarán á autora na presentación do texto gañador do certame convocado polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Ribeira do Louro.

Ana Abad de Larriva é titulada superior en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación Xestual, pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutoranda en Comunicación na Universidade de Vigo, desenvolve a súa investigación no eido da teoría teatral e publica artigos especializados en artes escénicas en diferentes medios, compaxinando o seu labor no campo da comunicación coa creación escénica e literaria, así como coa docencia. É unha colaboradora habitual da erregueté | Revista Galega de Teatro. 


Publicidade

O xurado do Certame destacou que A sombra das árbores é unha proposta teatral de corpo poético onde movemento e palabra cobran especial importancia. Preséntanse como unha peza teatral aberta onde a dirección, xunto co grupo de actrices e actores, construirá desde ese non lugar un escenario simbólico poboado por un bosque de sombras que é o espazo que habitamos.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ACriaturaCTB |

Teatro À(s) Quintas na Maia

D1C7C2C1 E4CE 4B94 912F F045D2FAF7D4 |

Debut, por Esther Carrodeguas