in

Teatro À(s) Quintas na Maia

ACriaturaCTB |
Durante este ano 2020 o Teatro Art´Imagem e a Câmara Municipal da Maia, seguindo o protocolo existente desde hai algúns anos para a divulgación, formación e presentación de espectáculos teatrais no concello, van iniciar un novo programa de Teatro denominado “Teatro à(s) Quinta(s)”.

 

O programa presentará catro espectáculos de Teatro no Grande Auditório do Fórum da Maia, sempre os xoves, dous en cada semestre (30 de xaneiro, 27 de febreiro, 30 de xullo e 26 de novembro), ás 21:30 e con entrada de balde.

O xoves 30 de xaneiro presentarase Quarenta mil quilovátios, unha coprodución das compañías Teatromosca e Musgo, de Sintra, con texto orixinal de Paulo Campos dos Reis. Unha reflexión sobre os comportamentos adolescentes aliados ás condicións de vida nos suburbios. O espectáculo, que remata un ciclo dedicado á mocidade, ábrese a unha reflexión sobre os suburbios que asume o que podemos entender por “ton urbano”, mais os tópicos habituais cando se fala de “mocidade” e “suburbios”.

O 27 de febreiro será o turno de A criatura, unha coprodución da Companhia de Teatro de Braga e Akroama – Teatro Stabile d’Innovazione e Ricerca della Sardegna [na foto]. Un espectáculo que se centra no concepto da creación artística, analizando a sintonía creada entre o autor e o seu traballo. Lelio Lecis, que estuda dende hai anos a relación entre o artista e a súa obra, atopou nunha historia do século XIX –a mesma que lle inspirou a Ibsen na escrita de Cando nós, os mortos, espertarmos– unha representación eficaz desa delicada relación.


Publicidade

O 30 de xullo chegará a Maia El licenciado vidriera, de Karlik Danza Teatro (Estremadura), unha adaptación inspirda nos novos conceptos de dramaturxia pero respectando a obra orixinal e a linguaxe de Cervantes. Un espectáculo que funde o teatro textual e o físico con flamenco en vivo –símbolo do grito de loucura do protagonista– e cun espazo sonoro que transforma composicións musicais en referencias con valor narrativo.

O ciclo rematará o 26 de novembro con Ocho días de silencio, un espectáculo internacional xurdido dunha residencia de Tranvía Teatro (Zaragoza) na Provenza, que reflexiona sobre Europa a partir dun feito acaecido nos Pireneos aragoneses. Xunto con Théâtre du Rond Point (Francia) e Teatro del Astillero (Madrid), contan a historia de Canelle, a última femia de oso nativa dos Pireneos e abatida a tiros por un cazador francés. A partir deste suceso real, a obra reflexiona sobre conceptos como fronteira, raza ou migración.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PastorDiaz100ANOS |

Viveiro celebra o centenario do Teatro Pastor Díaz

LarrivaArbores |

Presentación en Vigo de ‘A sombra das árbores’, de Ana Abad de Larriva