Mais, que é La teoría de la pelvis? A invitación ao Paraíso. É a investigación da flexibilidade da nosa propia articulación, cuxa mobilización require da mesma enerxía que podemos empregar para voar, viaxar á Lúa, cortar as unllas dos pés ou premer un botón. A enerxía, como sabemos polas leis da termodinámica, nin se crea nin se destrúe, transfórmase. Xa que logo, podemos empregar esa enerxía en espertar ou quedar durmidxs, en movernos ou ficar quietxs, en explotar ou reprimirnos, en acadar o Paraíso ou quedar no chan.
Etiqueta: Alberto Cortés
Cris Vilariño e Alberto Cortés comparten o proceso de ‘Mano Dura’ no TRC Danza 2020
Cris Vilariño e Alberto Cortés abren o proceso de creación de Mano Dura o sábado 12 de setembro no Teatro Rosalía de Castro dentro do programa TRC Danza 2020. Un ano máis, o ciclo creado en colaboración co programa Residencias Paraíso do colectivo RP achega ao público as investigacións artísticas das creadoras contemporáneas. Mano […]
Comeza o ciclo TRC Danza no Rosalía de Castro da Coruña
O TRCDanza, o ciclo de danza ideado polo director do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, Paulo Rodríguez, está repleto neste 2017 de propostas diversas de artistas do territorio nacional e, un ano máis, camiña acompañado do Proxecto de Programación Expandida (PE), o proxecto de mediación coordinado por Andrea Quintana e Caterina Varela. […]