Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Etiqueta: Festival de Otoño
La teoría de la pelvis
Mais, que é La teoría de la pelvis? A invitación ao Paraíso. É a investigación da flexibilidade da nosa propia articulación, cuxa mobilización require da mesma enerxía que podemos empregar para voar, viaxar á Lúa, cortar as unllas dos pés ou premer un botón. A enerxía, como sabemos polas leis da termodinámica, nin se crea nin se destrúe, transfórmase. Xa que logo, podemos empregar esa enerxía en espertar ou quedar durmidxs, en movernos ou ficar quietxs, en explotar ou reprimirnos, en acadar o Paraíso ou quedar no chan.