O concurso rematou coa presentación oficial dos textos que participaron nas tres edicións anteriores do Torneo de Dramaturxia, publicados por Edicións Positivas. | Foto: Pro Light Estudio | A Sala de exposicións do Auditorio de Cangas acolleu a cuarta edición do Torneo de Dramaturxia de Galicia, unha actividade que se consolida como unha aposta firme […]
Etiqueta: María Lado
A Mostra de Cangas presentou o programa da súa 37ª edición
Quico Cadaval recibirá o Premio Xiria ao Labor Teatral e Mercedes Oliveira, o Premio Mulleres en Acción. | Foto: Pro Light Estudio| A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas confirmou hoxe a súa 37ª edición, que terá lugar na vila do Morrazo do 9 ao 18 de xullo coas actuacións de 10 […]
Finisterrae: O último ultramarinos
Agarrarse ao pasado | Xoán Carlos Riobó | Antes de aparecer as grandes superficies, nas vilas galegas había unhas pequenas tendas familiares de alimentación que abastecían ás nosas nais, avoas e bisavoas con produtos traídos de ultramar e outros básicos, necesarios para o día a día dunha familia. Alí fiábase. Moitos clientes tiñan caderniños […]
Títeres Alakrán estrea ‘Finisterrae: O último ultramarinos’ no Festival Galicreques
A obra é unha homenaxe á Costa da Morte que aborda a identidade persoal e territorial; unha estampa de pasado e presente, pero tamén a dun futuro aínda por construír. Este xoves 17 de outubro, ás 20:30, no Teatro Principal de Compostela, no marco do Festival Internacional de Títeres Galicreques, estréase a obra Finisterrae: […]
Uns María Casares moi repartidos
Os XXIII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras. Un total de 12 espectáculos aspiraban a facerse con algún dos catorce galardóns nos que se dividen os María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais […]
‘Commedia’ parte como favorita nos Premios María Casares
Commedia, de Contraproducións, con 12 finalistas; Divinas Palabras Revolution, do Centro Dramático Galego, con 7, e A leituga, de Emedous, con 5, son os espectáculos que acaparan maior número de finalistas. Un total de 12 espectáculos competirán en calidade de finalistas por facerse con algún dos catorce galardóns que se entregarán durante a gala […]