in

Convocadas as axudas da AGADIC á distribución de espectáculos

Escena Galega Xornadas

Contémplase, por vez primeira vez, a posibilidade de apoio para a presenza en liña en feiras e mercados de artes escénicas fóra de Galicia.

A Xunta abriu a pasada medianoite  a convocatoria para o ano 2021 de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, dirixidas a empresas, compañías ou grupos profesionais con sede en Galicia e dedicadas ás artes escénicas ou á música, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. O investimento previsto nesta liña de axudas ascende a 460.000 euros, que se reparten por igual entre espectáculos e accións de artes escénicas e de música que se desenvolvan entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro de 2021.

A convocatoria, xestionada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a través de concorrencia non competitiva, inclúe varias modalidades: para solicitar axudas á distribución, á representación de espectáculos de artes escénicas ou musicais fóra de Galicia, e para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas tamén fóra de Galicia, coa posibilidade por primeira vez de que esta última presenza sexa en liña. Segundo as bases difundidas onte na web da AGADIC, para acceder a estas achegas cómpre ter asinados os contratos no momento da súa solicitude. No caso das artes escénicas, hai unha cuarta categoría destinada á distribución de espectáculos no territorio galego.

As solicitudes deben presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta ata o vindeiro 7 de xuño. Cada empresa beneficiaria poderá obter un máximo de ata 25.000 euros no conxunto das distintas modalidades. As axudas son compatibles con outras para o mesmo proxecto procedentes doutras administracións ou entes públicos, sempre que a suma dos importes non poida superar o 100% do custe da actividade subvencionada.

Acceso a mercados internacionais

A través desta iniciativa, búscase a promoción da distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra de Galicia, ao tempo que se fomenta a captación de públicos e se facilita o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais. Trátase, tamén, de potenciar a creación, o mantemento e a utilización de infraestruturas e equipamentos por parte dos axentes culturais, así como de impulsar a colaboración e o asociacionismo entre persoal e empresas dos distintos sectores da cultura.


Publicidade

En 2020 houbo un total de 67 iniciativas beneficiarias desta liña de axudas, que no pasado exercicio adaptou as súas bases no marco do Plan de Reactivación Cultural para axilizar o financiamento das actividades levadas a cabo antes do 12 de marzo, data a partir da que se decretou o estado de alarma por mor da crise sanitaria derivada da COVID-19.

 

Bases da convocatoria 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FETEAGAL David Vázquez

David Vázquez: “O teatro afeccionado baséase, sobre todo, no intercambio de experiencias”

A lingua das bolboretas Sarabela

A lingua das bolboretas