Con este procedemento preténdese impulsar proxectos innovadores no eido de danza artística e impulsar a creación de espectadores para a danza, buscando a excelencia nos produtos culturais galegos.
Etiqueta: CCG
Kirenia Danza desenvolve unha residencia artística en Suecia
Nestes tempos, as residencias artísticas convertéronse para para as creadores e creadores en espazos-refuxio contra a violencia e a precariedade do sistema artístico. Sabela Mendoza recolle neste artigo a experiencia da bailarina Kirenia Martínez en Malmö (Suecia).
Colectivo Vacaburra, Javier Martín e Kirenia Danza, próximas coproducións do CCG
Festina Lente de Colectivo Vacaburra, Umbral de Javier Martín e Tres Tristes 2.0 de Kirenia Danza serán as próximas coproducións de danza do Centro Coreográfico Galego (CCG). Segundo a adxudicación publicada pola AGADIC na súa páxina web, a Xunta achegará máis de 50.000 euros ás tres propostas, asumindo entre o 50 e o 80% dos seus respectivos orzamentos.
Esta revista non é miña
Queremos reforzar o espazo de pensamento, reflexión e difusión sobre algunhas modalidades escénicas minorizadas na nosa contorna, como é o caso da danza contemporánea e das artes circenses, os títeres e o teatro de figuras, tamén o do teatro contemporáneo fincado no amplo espectro das dramaturxias posdramáticas.
O Consello da Cultura publica as conclusións da xornada “O estado da danza en Galicia”
A meirande parte das reivindicacións do sector diríxense á acción institucional e, especialmente, a Axencia Galega de Industrias Culturais. O pasado día 21 de xaneiro, o Consello da Cultura Galega celebraba unha xornada coordinada por Natalia Balseiro e Dolores Vilavedra, de debate e pescuda sobre ‘O estado da danza en Galicia’. Agora, o Consello […]
O director da Agadic non aclara as dúbidas sobre o futuro do CDG e o CCG
O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, respondeu no Parlamento a unha pregunta sobre o proceso de elaboración do novo Estatuto da Axencia Galega das Industrias Culturais, pero as súas respostas resultaron insuficientes. | Manuel Xestoso | | Foto: Arquivo Parlamento de Galicia | Non pasa nada: este podería ser o […]
O teatro e danza institucionais, ameazados polas reformas anunciadas pola Xunta
A AAAG, a Academia de Teatro e Músicos ao Vivo, esixen a retirada dun Proxecto de Decreto para modificar os Estatutos da Agadic que se está a levar a cabo de costas ao groso do sector e que “acentuará o desmantelamento sistemático que a Xunta de Galicia está a practicar coas unidades de produción institucional”; […]
Profesionais da danza esixen que se manteñan os orzamentos para o Centro Coreográfico Galego
Un nutrido grupo de profesionais da danza pediu explicacións onte, nun comunicado, sobre os recortes reflectidos no proxecto de Orzamentos Xerais para o próximo exercicio que a Xunta de Galicia está a tramitar no Parlamento e sobre o anuncio dun novo Estatuta para Axencia Galega de Industrias Culturais anunciado polo conselleiro Román Rodríguez no Parlamento. | […]
A Academia Galega de Teatro esíxelle explicacións á Xunta sobre os posibles recortes ao CDG e CCG
A Academia Galega de Teatro vén de facer público un comunicado no que critica a “opacidade” e “falta de comunicación” da Consellería de Cultura, a raíz das informacións aparecidas nos últimos días sobre un posible recorte no orzamento das unidades de produción da Axencia Galega de Industrias Culturais e sobre un cambio de estatuto desta. […]
Agadic desmente agora que vaia haber recortes no CDG e no CCG
Agadic desmente a través dun comunicado que vaia haber recortes nos orzamentos do Centro Dramático Galego e do Centro Coreográfico Galego despois de que o conselleiro Román Rodríguez gardara silencio ante a denuncia da deputada do BNG, Olalla Rodil, de que se reducirían as partidas asignadas aos dous centros de produción. | Manuel Xestoso | […]
A AAAG esixe que se manteñan os orzamentos do CDG e do CCG
A AAAG amosa, ademais a súa perplexidade, polo anuncio no Parlamento dun novo estatuto para a Agadic que, malia as aseveracións do conselleiro Rodríguez no pleno, se elaborou de costas ado sector e obviando o tecido asociativo profesional. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que reúne a gran parte […]
O Centro Coreográfico Galego organiza unha gala co alumnado dos cursos de verán
O Centro Coreográfico Galego (CCG) compartirá co público unha mostra de danza protagonizada polo alumnado dos seus cursos de verán, que rematan hoxe mesmo na súa sede da Coruña. A gala, de entrada libre, terá lugar mañá sábado, ás 18,00 h., no Centro Ágora da cidade. Nela, 60 dos estudantes matriculados neste programa formativo […]
Cursos de verán do Centro Coreográfico Galego
O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza una nova edición dos seus cursos de verán, que terán lugar na súa sede da Coruña en diferentes datas dos meses de xullo e agosto: 1. Danza clásica e paso a dous, con PINO ALOSA Datas e horario Do 16 ao 20 de xullo Horario: de 10.00 […]