in ,

‘Tres Tristes 2.0’, de Kirenia Danza, estréase na Coruña

Tres Tristes
Imaxe de Kirenia Danza
Será este xoves 23 de setembro, ás 21.00h no Centro Ágora da cidade herculina. Entradas á venda unha hora antes na taquilla do espazo.

Tres Tristes 2.0, da compañía Kirenia Danza, estréase este xoves, 23 de setembro, ás 21.00h no Centro Ágora da Coruña. Este proxecto, unha das coproducións do Centro Coreográfico Galego (CCG) deste ano, testa, segundo a compañía, “a metodoloxía de recuperación de repertorios como alternativa viable para o sector dancístico contemporáneo nun contexto de crise sanitaria e económica de especial impacto para a danza, que dificulta a distribución de proxectos de nova creación pola superposición da distribución das mesmas, adiadas por reprogramacións de temporadas previas afectadas pola pandemia”.

Mediante a Arqueoloxía do Movemento, Kirenia Danza recupera unha peza de repertorio dunha das compañías máis recoñecidas e importantes de Cuba, Danza-Teatro Retazos. Tres Tristes Tres é a peza orixinal na que se inspira esta nova versión. Creouse no marco do Festival Habana Vieja Ciudad en Movimiento polo coreógrafo Miguel Azcue xunto a Kirenia Martínez, que daquela comezaba a súa carreira como intérprete dentro desta compañía.

O desexo e as circunstancias nas que se crea esta actual Tres Tristres 2.0 conectan  e coinciden en certa medida, segundo Kirenia Danza, “coas necesidades particulares nas que foi creada a versión orixinal. Crear unha peza como pretexto do reencontro dun coreógrafo e unha bailarina despois de 20 anos, unha versión 2.0”.

Tres Tristes 2.0

Tres Tristres 2.0 é unha peza que traballa co repertorio da compañía cubana Danza Teatro Retazos espigando materiais antigos de pezas como La casa de María, Mujeres, Rosas y Herencias, Peses en las manos e Tres tristes tres . O motivo da recuperación é mostrar unha alquimia repertorial  da tradición propia que queda lonxe, case esquecida polos bailaríns que estrearon as pezas fai dúas décadas.

Tres Tristes 2.0 é tamén unha reflexión sobre temáticas universais coma a soidade, o encontro, a pertenza, o absurdo, a beleza, o grotesco, o misterio e a poesía. Recordos que abriron un acordo silencioso e sen texto; e sobre eles, preguntámonos:

Que pasa cando esquecemos unha coreografía que non foi documentada nun soporte visual?

Como unha bailarina pode recoller a testemuña coreográfica doutras anteriores?


Publicidade

Como lembramos aqueles movementos antigos?

Cal foi a mecánica poética  dun movemento perdido?

Como poderemos recuperar os movementos perdidos?

Equipo técnico e artístico

Autoría: Kirenia Martínez Acosta
Intérpretes: Estefanía Gómez , Leodán Rodríguez e Kirenia Martínez Acosta
Extractos coreográficos/versionados: Danza-Teatro Retazos
Colaboradores artísticos: Danza-Teatro Retazos (Cuba) e Memory Wax (Suecia)
Asistencia coreográfica: Miguel Azcue
Deseño de vestiario: Jandro Villa
Espacio Sonoro: LLXNTO e Bruno Baw
Deseño gráfico: Niko Alvarellos
Espazo lumínico: RTA
Espazo audiovisual: Visaki Film e Kirenia Danza
Produción: EidosD e Idearock
Distribución: Kirenia Danza e Artestudio Xestión Cultural

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Foto Freixo 2 |

Feira de teatro de bonecos, marionetas e formas animadas de Freixo de Espada à Cinta

Technocracia de Funboa Escénica

O outono carballés énchese de teatro co inicio do FIOT