in ,

Fran Martínez estrea ‘Transfixión’ no Teatro Ensalle

Fará tres funcións na sala viguesa

TRANSFIXION 2 alta |
'Transfixión'. Imaxe de Natalia Benosilio.

Fran Martínez estrea Transfixión esta fin de semana no Teatro Ensalle, en Vigo. Fará tres funcións, unha hoxe, venres 21; outra mañá e outra o domingo, ás 20.00 horas. Transfixión é “unha peza sobre o facer. Un exercicio de misticismo de baixa intensidade. Un ir e vir: o adentro, todo escuridade, e o de fóra que, de tan visible, indescifrable”.

A peza

‘Segundo o dicionario, transfixión significa “1. f. Acción de ferir que pasa de parte en parte. Uso frecuente na relixión, falando da dor da Virxe ante a agonía do seu Fillo”. Ir de parte en parte, de fóra para dentro ou de dentro para fóra. Unha práctica coreográfica que pretende percorrer o corpo e, con el, todas as súas capas, todos os corpos que contén un corpo. E, sabendo que chegar ao éxtase e á comuñón co Todo é algo difícil, polo de agora manterémonos na práctica, no exercicio, no facer.

San Ignacio de Loyola definiu os seus Exercicios Espirituais do seguinte xeito: “Con este nome enténdese toda forma de examinar a conciencia, de meditar, de razoar, de contemplar, de preparar e de dispor a alma”. Examinar. Meditar. Razoar. Contemplar. Preparar. Dispoñer. Verbos de acción, de facer, convertidos nun dispositivo coreográfico: movementos, espazo, tempo. Estes movementos e o lugar e a orde que ocupan na estrutura da peza compártense co público, tratando de desvelar todos os segredos, desposuílos de todo misterio, sabendo que canta máis luz se lle bota a iso, máis misterioso se fai. Textos de Santa Teresa de Ávila e San Juan de la Cruz acompañan a peza. Trazamos nas súas palabras aquelas accións que pasaron polos seus corpos. “[…] que só amar é o meu exercicio”, dicía San Juan de la Cruz no seu Cántico Espiritual’.

Publicidade

Ficha artística

Creación e interpretación: Fran Martínez.
Ollo externo: Natalia Fernandes.
Deseño iluminación: Laura Iturralde.
Espazo sonoro: Juan Diego Calzada.
Foto e vídeo: Lucía Estévez.
Apoios: Centro Cultura Conde Duque + Coreógrafos en Comunidad (Madrid), Centro Danza Canal (Madrid), Teatro Ensalle (Vigo), Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais),
La Caldera (Barcelona).

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

As que limpan de A Panadaría

A Panadaría regresa a Vigo con seis funcións de ‘As que limpan’ na Sala Ártika

IMG 1318 |

XLVII Premi Born de Teatre 2022 para ‘O can’ de Lluïsa Cunillé Salgado