A Sala Ártika de Vigo continúa coa súa programación apostando pola volta a Vigo do espectáculo As que limpan da exitosa compañía A Panadaría. As funcións serán o Venres 21, sábado 22 e domingo 23 de outubro ás 20:00h e o venres 28, sábado 29 e domingo 30 tamén ás 20:00h.
A enorme acollida dos espectáculos da compañía de Areta Bolado, Ailén Kendelman e Noelia Castro reflictese na billeteira pois para esta fin de semana xa está colgado o cartaz de entradas esgotadas, pero aínda é posible facerse con entradas para a segunda fin de semana.
As camareiras de piso
A obra, estreada no Centro Dramático Nacional, fala da loita das camareiras de piso dos hoteis. e a súa sinopse é reveladora: Un cartel pendurado no manubrio da habitación. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador. As que limpan fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.
- O festival de danza e artes do movemento Abanea celebra a súa quinta edición - 09/07/2026
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026



