in ,

Sabela Hermida publica ‘María Casares fronte ao espello’, unha retrospectiva da actriz no seu centenario

A obra está editada por Xerais e recolle o legado da actriz María Casares

sabela Hermida

As actividades de conmemoración do centenario do nacemento da actriz coruñesa María Casares continúan neste 2022 e a Xunta de Galicia e a Editorial Xerais veñen de publicar María Casares fronte ao espello, de Sabela Hermida.

A obra de Sabela Hermida, na que se aborda dun xeito moi completo a figura dunha personalidade tan complexa como é María Casares, supón unha retrospectiva da biografía, da evolución artística, do legado filosófico e da concepción da arte dramática da actriz, influenciada en gran medida pola corrente existencialista francesa da que se nutre no exilio. María Casares fronte ao espello pon en valor a súa pegada no teatro do século XX, especialmente no do exilio, xa que se converteu nun referente para as vangardas da época. 


Publicidade

A autora, Sabela Hermida é actriz e bailarina licenciada en Filosofía pola Universidade de Granada e Doutora en Artes Escénicas: Teatro, Música e Danza pola Universidade Rey Juan Carlos coa tese O desenvolvemento artístico de María Casares dentro do marco existencialista francés. Experta na vida e obra de María Casares, no ámbito da investigación conta con publicacións sobre arte e sobre feminismo e culmina eses anos de investigación coa publicación deste seu primeiro libro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Escola Teatro Vagalume de Vigo

A escola Vagalume cumpre 35 anos iniciando no teatro aos vigueses

As que limpan de A Panadaría

A Panadaría regresa a Vigo con seis funcións de ‘As que limpan’ na Sala Ártika