Entelequias Abismo Caracol

Abismo Caracol estrea ‘Entelequias’ na Coruña

Entelequias, peza teatral escrita por Darío Autrán para a súa compañía Abismo Caracol, subirá o pano do Fórum Metropolitano da Coruña este xoves 18 de marzo. En escena, xunto ao propio Autrán, están as actrices Nerea Brey e Sabela Hermida, baixo a dirección de Xosé Leis. Esta proposta presenta unha estética elegante que leva o texto de Autrán a lugares afastados da realidade. A montaxe xoga con varios planos escénicos nos que a iluminación ten un papel fundamental na procura dun realismo sucio. 

Entelequias

Ensaio aberto en Compostela da última montaxe de Abismo Caracol, ‘Entelequias’

A compañía Abismo Caracol, ofrece este venres, 14 de febreiro, na Sala Agustín Magán de Compostela, ás 19:30, un ensaio aberto da súa nova proposta escénica, Entelequias. En Entelequias, segundo a compañía, “presentamos unha narrativa diferente: comprendemos a totalidade da historia a través do punto de vista dos tres personaxes, cunha mistura do cinematográfico e o […]