in

Ensaio aberto en Compostela da última montaxe de Abismo Caracol, ‘Entelequias’

Entelequias
A compañía Abismo Caracol, ofrece este venres, 14 de febreiro, na Sala Agustín Magán de Compostela, ás 19:30, un ensaio aberto da súa nova proposta escénica, Entelequias.

En Entelequias, segundo a compañía, “presentamos unha narrativa diferente: comprendemos a totalidade da historia a través do punto de vista dos tres personaxes, cunha mistura do cinematográfico e o teatral”

A obra xira sobre o tema da enfermidade mental. Os personaxes de Toni e Magdalena sofren problemas mentais, xa que se menciona en varias ocasións que consomen pastillas. Estes dous personaxes déixanse levar especialmente polas súas visións, os seus recordos, confundindo a realidade coa imaxinación.

 

Sinopse

O irmán pequeno da familia Aumont, Antonio, vive illado no seu cuarto trala dura separación coa súa muller Beatriz. A chegada dunha carta dos servizos sociais coa noticia de que a súa irmá, Magda, morta fai dez anos está viva, enfrontará á familia e á súa ex muller a unha nova realidade onde o pasado e o presente terán que darse irremediablemente a man.

 

A produtora


Publicidade

Abismo Caracol nace en 2009 das mans de Darío Autrán, co afán de crear contidos que fomenten a cultura local. No campo audiovisual, destacamos a longametraxe Tilda & Jean que conta cunha nominación aos premios Mestre Mateo na categoría de mellor película; como guionista, destaca tamén o seu traballo no programa O gato con botas de Manuel Manquiña. No campo das artes escénicas, Entelequias é o seu cuarto texto teatral.

As súas principais liñas de traballo visan a un afán investigador en novas formas de creación escénica.

 

Ficha

Entelequias

Director: Xosé Leis
Texto: Darío Autrán
Xénero: drama
Duración: 60 min.
Elenco: Darío Autrán, Nerea Brey, Sabela Hermida
Produción: Abismo Caracol
Espazo sonoro: Abismo Caracol
Espazo escénico: Xosé Leis
Deseño de iluminación: Abismo Caracol

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

AkramKhanOWTD |

Outwitting the devil

OLiborDaSelvaAvento |

Avento presenta este domingo unha versión musical de ‘O libro da selva’