in

Avento presenta este domingo unha versión musical de ‘O libro da selva’

OLiborDaSelvaAvento |
Teatro Avento estrea este domingo 16, ás 18:00, no Auditorio Municipal de Vigo, O libro da selva, unha adaptación do libro de Rudyard Kipling en clave de musical para toda a familia.

 

O novo espectáculo de Teatro Avento ponlle cancións e coreografías a esta eterna historia, pola que non pasa o tempo e que fala de valores como a camaradería, o sentido de comunidade, e a tolerancia aos distintos a nós.

Xoán Abreu é o encargado de adaptar e dirixir esta versión do coñecido clásico, que encarnarán sobre a escena Martín Maez, Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Rocío Salgado e o propio Abreu. A escenografía é de José Faro “Coti”, o deseño de iluminación, de Javier Quintana e a música, de Xoán Abreu e Anxo Fernández.

O libro da selva continúa na liña de musicais familiares que Avento leva seguindo nos últimos tempos con obras como Aladino e a lámpada marabillosa, O mago de Oz ou Ummm! Unha comedia musical para chupar os dedos. Ademais, dende a súa consolidación profesional, a compañía ten levado aos escenarios outras obras para público adulto como BU21 ou Como sobrevivir a unha apocalipse zombi.

Na pasada temporada, Ummm! Unha comedia musical para chupar os dedos foi escollida polo público do Auditorio Municipal de Vigo como o mellor espectáculo familiar.

 


Publicidade

Sinopse

Mowgli é curioso, desobediente, parvo e ousado. Así como calquera rapaz que coñezas. Esta nova adaptación da historia de Rudyard Kipling fala sobre a estraña historia dun neno perdido na selva india. Acabará sendo adoptado por Baloo o oso, a pantera Bagheera e todos os demais animais que chaman á misteriosa xungla, fogar. Esta adaptación de ritmo rápido manterá pegado ao público ao borde do asento mentres o mozo Mowgli se atopa cara a cara con monos folgazáns, voitres ruidosos e o seu inimigo mortal: o tigre, Shere Khan.

 

Ficha

O libro da selva, baseado na obra de Rudyard Kipling

Dirección, adaptación, deseño de son e coreografía: Xoan Abreu
Elenco: Martín Maez, Fernanda Barrio, Marcos Alonso, Xoán Abreu e Rocío Salgado
Compañía: Teatro Avento Producións
Xénero: teatro musical
Escenografía: Jose Faro Coti
Deseño de iluminación: Javier Quintana
Vestiario: Teatro Avento Producións
Música: Xoan Abreu e Anxo Fernández
Idade recomendada: + 6 anos
Duración: 70 minutos

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Entelequias

Ensaio aberto en Compostela da última montaxe de Abismo Caracol, ‘Entelequias’

Butacas |

As artes escénicas, entre os hábitos culturais que menos interesan á cidadanía galega