in

As artes escénicas, entre os hábitos culturais que menos interesan á cidadanía galega

Butacas |
O teatro, a ópera e as bibliotecas son os hábitos culturais que menos interesan aos galegos. É unha das conclusións que se tiran do último documento de traballo, Hábitos e prácticas culturais en Galicia, que acaba de facer público o Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura.

 

Este Documento de Traballo (DT) analiza as nosas prácticas culturais, é dicir, a asistencia a espectáculos e eventos culturais, o consumo de medios de comunicación, a lectura de libros e a convivencia e hábitos no ámbito familiar.

Segundo a enquisa, o que máis lle interesa á poboación é, nunha escala de 0 a 10, a música (7,6), os contidos audiovisuais (6,5), a lectura (6,4), o cine (6), os museos (4,6) e as visitas a xacementos arqueolóxicos e exposicións (4,4). Suscitan menor interese as galerías de arte (3,5), o circo (3,5), o ballet (3,2) e a visita a monumentos (5,7). Cunha puntuación inferior a 5 atópanse o teatro e a ópera (2,9) e as bibliotecas (2,5).

A falta de tempo e de interese son as principais causas que alega a cidadanía galega para explicar algúns dos seus hábitos culturais. O 30,8% non vai nunca a un museo, una cifra máis baixa ca no conxunto do Estado; e os que asisten fan unha media de 2,5 visitas cada trimestre. Os que non len explícano alegando que non teñen tempo (o 52%) e que non lles gusta (19,2%). Con todo, o interese da poboación galega pola lectura aumenta, mesmo en maior medida que no conxunto de España. Os fogares galegos que dispoñen de libros son nove de cada dez; e nos fogares onde hai libros, o número medio tende aumentar e sitúase nos 239 exemplares.

 

Artes escénicas

A asistencia a espectáculos de artes escénicas en Galicia é 6,1 puntos porcentuais máis baixa que no conxunto do estado e, por comunidades, é a terceira con menos porcentaxe de asistencia despois de Cantabria e Aragón.

Galicia é unha das comunidades en que se rexistra unha asistencia máis baixa a espectáculos de artes escénicas: un 54% non vai nunca ou case nunca ao teatro, un 85,6% á ópera, un 91,6% á zarzuela, un 77,2% a ballet/danza, e un 64% ao circo. En casos coma o do teatro hai unha diferenza porcentual de 15,8 puntos entre Galicia e o conxunto do Estado.


Publicidade

A falta de interese é a principal explicación que esgrimen os que non van ao teatro (31,6%), ópera (48,3%), zarzuela (53.6%), danza (46,0%) e circo (45,6). Séguelles de lonxe a falta de tempo e a pouca oferta.

Analizando a evolución da asistencia a espectáculos de artes escénicas, e comparando os datos cos do Estado e polo tipo de espectáculo, confírmase que en toda a serie temporal dende 2002 o teatro se mantén como a actividade con maior asistencia: no estado pasa do 23,4 en 2002-2003 a 24,5 en 2018-2019; en Galicia, do 18,4 ao 18,3. O ballet e a danza incrementan o nivel de asistencia de 4,6 a 8,0 no Estado e de 3,5 a 6,9 en Galicia. No circo, no que os datos comezan na tempada 2014-2015, compróbase un descenso dende esa data do 7,7 ao 7,3 no Estado e do 6,5 ao 5,0 en Galicia.

Hai que salientar que, se ben no conxunto estatal a valoración do teatro se mantén estable, en Galicia diminúe 0,6 puntos. A valoración máis baixa é para a zarzuela, no que Galicia coincide co resto do Estado: no conxunto do estado español foi de 3,2 e en Galicia de 2,5 puntos.

 

Aproximación estatística

A redacción deste informe baséase na explotación da Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais en España 2018-2019, realizada polo Ministerio de Cultura e Deporte. Trátase dunha investigación dirixida a unha mostra de 16.000 persoas de 15 anos en diante residentes en España. O proxecto enmárcase no Plan Estatístico Nacional. Para Galicia fixéronse 952 entrevistas, que son as que se explotan para o presente informe.

O documento completo pode consultarse aquí.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

OLiborDaSelvaAvento |

Avento presenta este domingo unha versión musical de ‘O libro da selva’

DaimonDavidRodas |

Matarile volve a Galicia