As dramaturgas seleccionadas nesta tercera edición foron a galega Clara Gayo e a portuguesa Cláudia Lucas Chéu, dúas autoras nadas na década dos anos setenta que presentaron dous textos que nos mergullan nas dimensións máis escuras da condición humana nuns intres e que nos interpelan de xeito singular nestes intres tan difíciles que estamos a vivir.
Etiqueta: Consello da Cultura Galega
O Congreso do teatro Galego clausurouse cunha homenaxe a Ernesto Chao, Gustavo Pernas e Celso Parada
Todas as sesións do Congreso estarán dispoñibles para a súa consulta, a partir do día 15 e durante un mes, na plataforma culturaenvivo.com, a través da se que retransmitiu toda a actividade durante estes días. | Foto: Martín Lagoa | O I Congreso Internacional do Teatro Galego clausurouse o pasado sábado 10 destacando que […]
O Consello da Cultura presenta o seu informe sobre as artes escénicas no Congreso do Teatro Galego
O público galego puntúa o seu teatro cun 9,11. Este sobresaliente é para actores, actrices, persoal de dirección e posta en escena. A nota baixa a un 6,88 cando o que se valora é a programación habitual e as instalacións dos nosos teatros e auditorios suman un 7,55. Son algúns dos datos do “Informe sobre […]
As artes escénicas, as máis afectadas pola crise derivada da pandemia da Covid-19
O Consello da Cultura Galega publicou hoxe os resultados do primeiro Barómetro da Cultura Galega, un amplo estudo que analiza o impacto da pandemia da Covid-19 no ámbito das empresas culturais galegas. Os datos revelan a gravidade da situación: as empresas experimentaron unha caída da facturación de máis dun 50% dos seus ingresos anuais, un […]
A crise causada pola pandemia de Covid-19 afecta máis á cultura que a outros ámbitos económicos
O Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), acaba de facer pública a “Conxuntura estatística do ámbito cultural”, actualizada a día de hoxe e na que cuantifica o impacto da crise da Covid-19 no ámbito cultural. 667 empresas do sector cultural solicitaron un ERTE; perdéronse 1.002 cotizantes, o que supón […]
O Consello da Cultura edita a ‘Farsa das zocas’ de Carvalho Calero
O Consello da Cultura Galega únese á homenaxe a Ricardo Carvalho Calero celebrada no Día das Letras Galegas 2020 cunha edición da súa Farsa das zocas . Ademais dun estudo preliminar a cargo de Carlos-Caetano Biscainho Fernandes, esta publicación presenta o facsímile da edición de 1982 ( Teatro completo, Ediciós do Castro), derradeira autorizada polo […]
O Consello da Cultura publica un avance do seu Informe sobre o Teatro Galego
O perfil do público galego é o dunha muller, de 30 a 49 anos, con estudos universitarios e con ingresos relativamente altos, urbana e que non convive con nenos. As persoas que acoden ao teatro van con bastante frecuencia, case 7 veces ao ano. O Consello da Cultura Galega decidiu elaborar un estudo sobre […]
O Consello da Cultura publica as conclusións da xornada “O estado da danza en Galicia”
A meirande parte das reivindicacións do sector diríxense á acción institucional e, especialmente, a Axencia Galega de Industrias Culturais. O pasado día 21 de xaneiro, o Consello da Cultura Galega celebraba unha xornada coordinada por Natalia Balseiro e Dolores Vilavedra, de debate e pescuda sobre ‘O estado da danza en Galicia’. Agora, o Consello […]
As artes escénicas, entre os hábitos culturais que menos interesan á cidadanía galega
O teatro, a ópera e as bibliotecas son os hábitos culturais que menos interesan aos galegos. É unha das conclusións que se tiran do último documento de traballo, Hábitos e prácticas culturais en Galicia, que acaba de facer público o Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura. Este Documento de Traballo […]
O Congreso do Teatro Galego quere establecer un plan estratéxico e unha lei do teatro
Onte presentouse aos medios o programa do I Congreso Internacional de Teatro Galego, que se celebrará entre o 25 e o 28 de marzo de 2020 na Cidade da Cultura. Na presentación, celebrada no Consello da Cultura Galega, participaron Inma António, presidenta da Academia Galega de Teatro, Juan Rivas, presidente do Consello territorial da SGAE, […]
O Consello da Cultura analiza ‘O estado da danza en Galicia’.
O vindeiro martes 21 de xaneiro, o Consello da Cultura organiza unha xornada, coordinada por Natalia Balseiro e Dolores Vilavedra, de debate e pescuda sobre ‘O estado da danza en Galicia’. A situación da danza en Galicia atópase nun estado de explosión creativa tanto nas ideas, nos procesos creativos, nos proxectos e nas formas […]
O Consello da Cultura Galega publica o informe sobre a situación das traballadoras do sector audiovisual e escénico
O informe constata a desigualdade, a discriminación e os desequilibrios salariais no sector, así como tamén a maior incidencia da temporalidade e as dificultades de acceso ao mundo laboral para as mulleres. Ademais, o informe detecta a existencia de casos de acoso laboral e sexual. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), […]
Novo encontro entre as dramaturxias galega e portuguesa no Consello da Cultura
O martes 1 de outubro, ás 18:30, no Consello da Cultura Galega, en Compostela, terá lugar a lectura dramatizada de dous textos de Ana Carreira e Joana Craveiro que continúan o programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes” iniciado o ano pasado. O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Português em Vigo e a Escola Superior […]
Encontro entre as dramaturxias galega e portuguesa
O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Portugués en Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia poñen en marcha o programa Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes, que ten por obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que […]
Xornadas de mediación cultural no Consello da Cultura Galega
O martes 9 de abril o Consello da Cultura Galega acolle unha xornada dedicada á animación sociocultural. O evento enmárcase dentro dun ciclo de catro xornadas de Mediación Cultural organizado pola Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG que se desenvolverá nos próximos meses co obxecto de trazar unha panorámica e estimular o debate […]