A Escola de Teatro Vagalume cumpre 35 anos desde a súa apertura en Vigo. Fundada en 1987, Vagalume busca fomentar o teatro e a súa formación. Unha das primeiras escolas de teatro da cidade olívica, polas súas aulas na rúa Panamá, pasaron multitude de alumnos que realizaron clases de iniciación ao teatro e mesmo a preparación para o acceso a diferentes escolas de arte dramática.
Na actualidade, Vagalume imparte clases de interpretación, voz, teatro musical e actor frente a cámara en todos os niveles adaptables ás necesidades do alumnado.
A súa directora e fundadora Maribel González Muñoz, conta cunha experiencia profesional na dirección de actores, no musical e no eido da performance. Como docente dirixe o T.E.M.A, o Teatro Escola Municipal de Albacete, a Escola Municipal de Teatro de Cangas do Morrazo e impartiu aulas na RESAD, Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid.
- A MITCFC desvela as datas e o programa completo da súa 43ª edición - 09/05/2026
- O FIOT convoca a décima edición do Certame Metro Cadrado - 04/05/2026
- PAM convida a celebrar o Día da Danza - 28/04/2026



