in ,

A nova programación da Sala Ártika inclúe 51 funcións para todos os públicos

Vinte e tres compañías pasarán pola sala viguesa nestes meses

As fillas bravas
'As fillas bravas', de Chévere.

A Sala Ártika presentou hoxe, martes 13 de setembro, “Ti  es  parte  da  cultura”, a nova programación teatral do espazo. Fíxoo nun acto presidido polo propio xerente da sala, Marcos Alonso, en compañía de Marta Fernández-Tapias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, e Yolanda Aguiar, concelleira de Benestar Social.

Vinte e tres compañías pasarán pola sala situada na rúa Beiramar en Vigo e levarán á cidade 51 representacións. É coa III edición do Festival Comediártiko coa que dará comezo, esta fin de semana, a nova tempada teatral. O festival achegará a Vigo a obra para público familiar “Por las buenas y por las malas” de Escena Miriñaque, a estrea do novo espectáculo do clown estremeño Francis J. Quirós “Cucko in love”, a única función en Galicia do espectáculo “Gaspet” do arxentino Marcelo Katz e a presenza galega achegada polas compañías Chévere e A Panadaría cos espectáculos de “As fillas bravas” e “As que limpan” respectivamente.

A sala consolídase coma un espazo cultural de referencia na cidade olívica ao conseguir dar continuidade aos festivais e ciclos que se veñen programando nestes sete anos de traballo: “III Festival Comediártiko”, que comeza este sábado 17 e durará ata 30 de outubro, e xa no mes de decembro, o VIII Festival Pequeártiko de Nadal que terá lugar do 22 ao 31 de decembro e que conta cada vez cunha mellor acollida, tanto entre as compañías que presentan os seus espectáculos para participar nel como entre o público asistente.


Publicidade

En decembro a sala acollerá tamén o XX Circuíto de Creación escénica contemporánea para público adulto e familiar organizado pola Red de Teatros Alternativos e ideado co obxectivo de facilitar a xira de compoñías polas salas alternativas asociadas, sendo Ártika o único espazo en Galicia que acolle este tipo de propostas escénicas.

A programación complétana, entre outros, espectáculos como “Perdón” dos arxentinos Sutottos, “Orlando” de Teatro de Fondo, o espectáculo de danza “Todo lo bueno sucede en silencio” de Provisional danza ou o proxecto gañador de Iberescena en coprodución entre España e Ecuador “Brújula II”, que estarán na Sala Ártika  o 14, 15 e 16 de outubro

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

figuras do limiar

Javier Martín abre a temporada de outono do TRC Danza

P1010258 |

‘O Péndulo’, de Inversa Teatro, gaña o Premio Dorotea Bárcena ao mellor espectáculo no FETEGA