in

Javier Martín abre a temporada de outono do TRC Danza

Faino coa súa peza ‘Figuras do limiar’

figuras do limiar
'Figuras do limiar', de Javier Martín. Imaxe de Leo López

O TRC Danza arranca a súa temporada de outono este venres, 16 de setembro, cunha función da peza Figuras do limiar de Javier Martín, en coprodución co Centro Coreográfico Galego. Será no Teatro Rosalía Castro ás 20.30 horas.

Na era da aceleración, os corpos están cheos de velocidade residual: unha inercia que suspende o desexo, fragmenta e extrae a nosa atención. Entender agora quere dicir practicar o ritmo, porque non estamos feitos para saber, senón para actuar coma se soubésemos.

En Figuras do limiar, Javier Martín inspírase no arquetipo do “gardián do limiar”. Un limiar referido ao tránsito, concepto característico de ritos e cerimonias de paso, presentes en multitude de culturas dende tempos ancestrais.

“É necesario vestir as peles das bestas, habitar as máscaras, vibrar coa forma do monstro e incorporar a diferenza”.

Coloquio sobre o vestiario

Ademais, o xoves 15 de setembro das 19 ás 21 horas en Cremallera Studio, tamén na Coruña, desenvolverase o coloquio (Des)vestir as figuras. Un coloquio sobre a creación do vestiario e os artefactos da coreografía Figuras do limiar.


Publicidade

O proxecto inspírase nalgunhas das figuras espectrais do patrimonio cultural galego que poderían ocupar o arquetipo do gardián do limiar, dende a Santa Compaña ata os moitos personaxes do entroido, como o Peliqueiro, o Felo, a Pantalla…

Participan os deseñadores Manolo Cremallera e Marieta González, produtores de moitos dos tocados e artefactos da obra, o artesán e cesteiro Álvaro M. Leiro, quen elaborou a coroza con xunco que se baila no espectáculo, Pilar Peña de Castro, do Centro Coreográfico Galego, que coproduce e cede diferentes mantóns dos seus fondos, a xestora cultural Sabela Mendoza e Javier Martín, creador da peza.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Eduardo R. Cunha Tatán

Eduardo Rodríguez “Tatán” recibe o Premio Dorotea Bárcena do FETEGA pola súa ampla traxectoria

As fillas bravas

A nova programación da Sala Ártika inclúe 51 funcións para todos os públicos