Entre as 22 obras presentadas a concurso resultou gañadora “Un biolo na noite”, peza de Ana Abad de Larriva sobre a rede de apoio e afectos das mulleres galegas na guerra e na posguerra. O xurado destacou “o artellamento espacial execelente, vencellando as atmosferas do monte e da natureza coa intriga dramatúrxica e a historia dos personaxes a través dun diálogo áxil e profundo”. Así tamén, a acta destaca a poética da autora no desenvolvemento da temática e “o emprego dos recursos teatrais que están fiados cun tratamento lingüístico excelente”.
Etiqueta: Ernesto Is
Vinte e case non dou creto (parte II)
Así que non cifremos todo o noso contento no que virá e intentemos que o hoxe sexa o mellor. O 21 ha ser mellor co 20? Iso esperamos. No entanto, en vez de esperar, se cadra o que cómpre é pórmonos mans á obra. Na Revista Galega de Teatro | erregueté xa comezamos!
Esta revista non é miña
Queremos reforzar o espazo de pensamento, reflexión e difusión sobre algunhas modalidades escénicas minorizadas na nosa contorna, como é o caso da danza contemporánea e das artes circenses, os títeres e o teatro de figuras, tamén o do teatro contemporáneo fincado no amplo espectro das dramaturxias posdramáticas.
María Casares volve ao Salón Teatro no marco do I Congreso Internacional do Teatro Galego
Teatro e cinema mestúranse en escena. En vivo e en directo asistimos á xeración da película que vemos en pantalla. Anacos de documentais e filmes proxectados axudan a contar a vida da grande actriz. Tralo parón provocado pola Covid19, o I Congreso Internacional de Teatro Galego retoma o seu oco na axenda compostelana, e, […]
Compostela acolle o festival USCénica 2020
Do 1 ao 18 de xullo Compostela acolle o festival USCénica 2020. Máis dunha ducia de espectáculos galegos danse cita nesta cita organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e que se desenvolverá na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, a terraza do Auditorio da Universidade e o Salón Teatro. | Foto: Manuel G. Vicente | […]
No desconfinamento de… Ernesto Is
Ernesto Is (Xixón, 1988), un dos novos dramaturgos con máis presenza no sistema teatral galego, é colaborador habitual da erregueté | Revista galega de Teatro. Logrou o Premio Abrente coa obra Fendas en 2016 e o o XVII Premio Rafael Dieste de Teatro con Despois das ondas, posta en escena por ButacaZero con dirección de […]
Obradoiro de escrita dramática en Vigo a cargo de Ernesto Is
O dramaturgo Ernesto Is ofrecerá, do 23 de xuño ao 9 de xullo,un curso de escrita dramática no Auditorio Mar de Vigo da cidade olívica. O obradoiro ofértase a todas aquelas persoas interesadas no teatro –profesionais ou non– e, máis concretamente, na escrita dramática. Desde unha formulación eminentemente práctica, o alumnado coñecerá e traballará […]
O teatro será protagonista do FLIV20 con lecturas dramatizadas e debates
As artes escénicas serán protagonistas na primeira edición do FLIV20, o I Festival Virtual do Libro de Galicia, un festival que contra as circunstancias quere dar visibilidade as letras e as autoras de Galicia e que, de xeito virtual, se celebrará entre os días 26 e 28 de xuño no enderezo web www.fliv.gal. Consciente […]
Un proxecto de Ernesto Is resulta seleccionado para o programa ‘Nuevas Dramaturgias’ de Euskadi
O proxecto de Ernesto Is Canciones amarillas para flores tristes vén de ser seleccionado para se desenvolver ao longo dos próximos meses dentro do programa Nuevas Dramaturgias de Euskadi, coordinado por Teatro Arriaga Antzokia (Bilbao), Teatro Victoria Eugenia (Donostia Kultura) e Red Municipal de Teatros-Teatro Principal (Vitoria). O obxectivo do programa Antzerkinguintza Berriak – […]
A Xunta e Edicións Positivas recompilan dez pezas do grupo de traballo DramaturXa do CDG
A Xunta de Galicia e Edicións Positivas deron a coñecer onte en Culturgal a publicación de DramaturXa, novo volume da colección do Centro Dramático Galego (CDG) O papel do teatro, que reúne 10 dos textos xurdidos no grupo de traballo que en 2018 coordinou o director e autor Manuel Lourenzo para a compañía pública. […]
Dez citas coas artes escénicas en Culturgal
Este venres comeza Culturgal, tres días nos que as industrias culturais sacan músculo e amosan o tecido creativo do país. Reunimos aquí algunhas das citas na feira que marcarán a actualidade das artes escénicas do vindeiro ano. O programa completo pode consultarse aquí. Venres 1. Culturgal comeza coas Xornadas Profesionais Escena Galega, que este […]
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG na Coruña
O vindeiro 23 de novembro, terá lugar no Espazo Normal da Coruña (Paseo de Ronda, 47) a IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, unha actividade organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña […]
Despois das ondas
A viaxe (pola vida) de María Casares | Ana Abad de Larriva | A vida pasada son as lembranzas gardadas, contadas e recontadas, ás veces xa mesmo algo gastadas, distortas polo paso do tempo. Tamén o son aquelas que nunca saíron do noso interior, nin a través da voz, nin como liñas de tinta […]
Galicia Escena PRO comeza mañá en Compostela con seis espectáculos galegos
A carteleira inaugural ofrece as obras infantís Mai Mai, de Baobab, e Ummm!! de Avento; as montaxes Liberto, de Marelas, e Despois das ondas, de Butaca Zero; a peza de teatro-danza A Gala, de Licenciada Sotelo, e a proposta de rúa Oh!Limpiadas, a cargo de Sincronacidas. Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes […]
O Carballiño acolle o Festival Transfronteirizo de Teatro Amador
O Carballiño converterase en epicentro do teatro amador os días 10, 11 e 12 de maio coa celebración do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador no que participan diferentes colectivos de Galicia, Portugal e Castela-León. O evento, que se enmarca dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador –formada pola Federación Galega de Teatro Amador, […]