in ,

aAntena estrea ‘Relato para un incendio’ de Ernesto Is na MIT de Ribadavia

Relato para un incendio por aAntena

“Que leva a un danés a preservar a identidade de Galicia? Que fai que unha galega queira reducila a cinsas?” Esta é a premisa de Relato para un incendio, espectáculo que a compañía de teatro aAntena estreará na Mostra Internacional de Ribadavia o 21 de xullo, ás 20:00 horas na Igrexa da Magdalena. A obra está escrita polo dramaturgo Ernesto Is e forma parte da Bolsa de Dramaturxia e Creación impulsada pola Xunta, que inclue a coprodución da mesma co Centro Dramático Galego.

Relato para un incendio de Ernesto Is parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de
Ordes: os estudos antropolóxicos de Gustav Henningsen en Ardemil durante a década dos 60 na procura dos últimos vestixios da bruxería en Galicia, e os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016, todo umbricado co cinema de C. T. Dreyer, agromando unha conexión temática coa nosa identidade como país.

A proposta escénica de aAntena aposta decididamente polo teatro documento e expón, con toques de humor, unha revisión da figura feminina na historia recente e na nosa memoria colectiva. Un espectáculo no que un elenco composto por tres intérpretes : Isabel Risco, Manu Fernández e Victoria Pérez, baixo a dirección de Xosé Leis, compoñen á vista da audiencia unha viaxe por eses tres eixos dos dous intelectuais daneses e a chamada “Pirómana de Cerceda”.

Unha deriva onde acompañan os nosos ollos a un pasado recente dando vida ás veciñas e veciños da comarca de Ordes aos que entrevistou o antropólogo, recuperando e homenaxeando a esas persoas que conteñen a nosa memoria de tradición, mitos e rituais. Compoñendo as personaxes a partires das gravacións reais arquivadas no Museo do Pobo Galego.

Un cuestionamento dos métodos creativos doutro danés creador que usou a figura da muller nos seus filmes como imaxe central e que plantexaba unha procura dos obxectivos do plano por riba da saúde e integridade das súas interpretes, sendo levadas a situacións límite na busca dunha verdade que quizais non xustificaba eses medios.


Publicidade

Unha reflexión sobre que foi o que levou a unha veciña a ser a única condenada polos catastróficos incendios do verán de 2016, sendo a única persoa con sentenza firme culpable polos feitos , aínda non chegando o seu mal facer ao 5% dos terreos queimados nese verán.

As bruxas, o lume, o castigo feminino como puntos fortes nos que apoiar unha posta en escena chea de audiovisual, recreación histórica, reflexión e humor.

 

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Festival Abanea danza

Nace o festival Abanea para encher de danza os veráns de Gondomar e Allariz

imaxe principal 2 |

‘Estancia paisaje’ estréase en Galicia