- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
- O Convento de Santa Clara acolle a Bienal de Artes Vivas de Pontevedra - 03/07/2026
A compañía A Antena vai coproducir co CDG ‘Relato para un incendio’, de Ernesto Is

A Agadic vén de publicar a resolución da segunda fase da Bolsa de Dramaturxia e Creación impulsada polo Centro Dramático Galego en colaboración con diversos colectivos do sector teatral e cultural, e a compañía que vai coproducir Relato para un incendio, de Ernesto Is, é A Antena, creada en 2016 por Bernardino Martínez e Xosé Leis.
A dramaturxia de Is partiu de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes: por unha banda, os estudos antropolóxicos de Gustav Henningsen en Ardemil durante a década dos anos 60, na procura dos últimos vestixios de bruxería en Galicia; e pola outra, os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016.
Latest posts by Redacción (see all)


