A Agadic publicou onte as bases da primeira fase da segunda convocatoria da bolsa de dramaturxia e creación do CDG, en colaboración con diversos colectivos teatrais e culturais. A convocatoria presentouse nun acto conmemorativo polo Día Mundial do Teatro que se celebrou onte no Salón Teatro. O evento quixo servir tamén de recoñecemento aos gañadores da primeira edición da iniciativa: Ernesto Is, coa dramaturxia Relato para un incendio, e A Antena, a compañía que levará o texto a escena en coprodución co CDG. Ademais, fíxose un achegamento á peza a través da lectura dalgúns fragmentos a cargo do elenco da montaxe.
O prazo de presentación de proxectos de escrita dramática para participar na selección, que resultará na contratación da creación dunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do CDG, é de 20 días naturais a partir de hoxe. O proxecto seleccionado contará cunha retribución económica de 6000 euros para a elaboración proxecto de escrita completo.
Resolución do 25 de marzo de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras dun proxecto de escrita dramática para a contratación da creación dunha dramaturxia que será empregada nunha coprodución do Centro Dramático Galego
Bases completas da bolsa de dramaturxia 2022
- O Festival Atlántica segue a expandir a súa programación - 16/06/2026
- Arranca Ribeirocreques, o I Festival de Monicreques do Ribeiro - 11/06/2026
- O Sete Falares inaugura hoxe unha nova edición - 07/06/2026



