in

O teatro como perigo para algo non identificado

Imaxe do teatro bombardeado.
Imaxe do teatro bombardeado.

Xeopolítica: (substantivo feminino) Disciplina que estuda as relacións que existen entre o medio xeográfico e a política dun país.

Ás veces non entendo ben a situación xeopolítica mundial.

Encántame esa palabra, xeopolítica. Quedei con ela logo de ver Hermanas, de Pascal Rambert e non saber se quería escribir coma el ou que el escribise para min un texto a medida onde non hai comas, nin puntos, nin nada. Só palabras unha tras outra marabillosamente escollidas.

Ben, xeopolítica. Van varias semanas que non se fala doutra cousa na parte occidental do planeta. Todo cousas terribles que endurecen o discurso público, as decisións políticas evidencian a absoluta falta de rigor ético no plano social.

Con frivolidade saen á palestra palabras doutra época, frases de película bélica e posturas persoais vergonzosas.

O teatro é un sinónimo de paz. Non sae no dicionario, en ningún supoño, pero éo.


Publicidade

Por iso non entendo, non comprendo e non asimilo que xente como Alexander Kniga, director artístico do teatro de Kherson e presidente da Eurasian Theatre Association (poño a parrafada para localizalo), poida ser apresado. Debe ser unha ameaza para alguén supoño. Entón lembreime de todas aquelas persoas, a maioría nenos, que se refuxiaron no Teatro Dramático de Mariupol. E deu igual porque foi bombardeado.

Esta estúpida guerra parece empeñada en afectarnos. Afectando tamén á nosa hipocrisía, é dicir, á barreira emocional que temos que facer para non vernos emocionalmente afectados por todos os conflitos do mundo.

O teatro é paz porque enriba do escenario os conflitos tenden a topar unha resolución. Un común punto de encontro onde os personaxes apoian os seus desexos de que todo vaia mellor.

Creo niso porque é o que me toca. A paz é inherente a todas as cousas. Só se precisa de persoas honradas e honestas capaces de manter a súa integridade cando todo se complique.

As cousas parecen complicadas agora. Non fago unha lista, sabedes do que falo. Por iso debemos manter íntegro o noso desexo de manter a beleza e a liberdade.

Pablo Carrera Simón

Pablo Carrera Simón

(Vigo, 1991) Master en Artes Escénicas polo Instituto de la Danza Alicia Alonso & URJC. Graduado en Interpretación Textual e Dramaturxia pola ESAD de Galicia. Dende o ano 2019 presenta o podcast Procastination e é un dos fundadores da Asociación Galega de Commedia dell'Arte. As palabras fante conservador ou revolucionario. E nesas andamos.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

MG 4137 |

Escena Galega homenaxea a Ancora Producións, Lagarta lagarta e Tanxarina

Bolsa de dramaturxia e creacion |

A Agadic convoca a segunda edición da bolsa de dramaturxia do CDG